Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría de equipos electrónicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Se evaluarán os entregables dos problemas e exercicios propostos. 40
Traballos tutelados Se evaluarán os contidos (Contido, métodoloxía de desenvolvemento, conclusións obtidas e exposición de resultados) dos dous traballos previstos. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os entregables correspondentes aos exercicios e problemas están previstos, de forma orientativa, para as semanas 2, 4, 6, 8 e 10.


Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica, ofrécese aos alumnos a opción de avaliación continua ou facer o exame final na data establecida polo centro.

Os alumnos que elixan avaliación continua deberano comunicar ao profesor durante as dúas primeiras semanas de clase. A avaliación continua supón:
a) Que os alumnos realicen os problemas e exercicios propostos polo profesor e entréguenos en tempo e forma. Valoración máxima 4 puntos (40% da nota final). Estas tarefas non serán recuperables posteriormente.
b) Que os alumnos realicen dous traballos. Un deles en colaboración con AENOR e alumnos da Facultade de Filología e Tradución, e outro en colaboración cunha empresa da contorna. O traballo en colaboración coa empresa realizarase nos meses de Maio, Xuño e xullo. Valoración máxima 6 puntos (60% da nota final).

A avaliación mediante exame final, tanto a final do cuatrimestre como no extraordinario (Xuño-xullo), supón:
a) Que os alumnos realicen e entreguen o día do exame, os exercicios e problemas propostos na asignatura, aos que se refire o apartado a) do párrafo anterior.  Valoración máxima 4 puntos (40% da nota final).
b) Que os alumnos realicen un exame de 2h con preguntas e problemas correspondentes tanto á parte teórica como de laboratorio. Valoración máxima 6 puntos (60% da nota final).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000