Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría de equipos electrónicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade docente na que se desenvolven problemas e exercicios sobre casos prácticos relacionados coa asignatura. Tamén se utilizarán para poñer de relevo as dúbidas existentes e tamén para a realimentación ao profesorado sobre este aspecto.

Traballaranse as competencias A1, A2, A6, A8 e A50
Prácticas de laboratorio Aprenderase a realizar cálculos de confiabilidade mediante a utilización do software específico para esta aplicación.

Traballaranse as competencias A8 e A56
Traballos tutelados Consisten na realización de traballos concretos que estean relacionados co contido da asignatura e en colaboración cunha empresa ou entidade externa. Propoñerase ao alumno a realización de dous traballos uno en colaboración con AENOR e outro en colaboración cunha empresa da contorna.

Traballaranse as competencias A6, A8,A9 e A50
Estudo de casos/análises de situacións Realízanse con grupos dun reducido número de alumnos e utilízanse para o desenvolvemento de traballos en grupo e a aprendizaxe de metodoloxías de traballo en equipo.

Traballaranse as competencias A2 e A50
Sesión maxistral Desenvolveranse nos horarios fixados pola dirección do centro. Consisten nunha exposición, por parte do profesor, dos contidos da materia. Tamén se procederá á resolución de exemplos e/ou problemas que ilustren adecuadamente a problemática a tratar. O alumno poderá expoñer todas as dúbidas e preguntas que considere oportuno, durante a sesión. Propiciarase unha participación o máis activa posible do alumno.

Traballaranse as competencias A6 e A56
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000