Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade docente na que se desenvolven problemas e exercicios sobre casos prácticos relacionados coa asignatura. Tamén se utilizarán para poñer de relevo as dúbidas existentes e tamén para a realimentación ao profesorado sobre este aspecto.
Traballaranse as competencias A1, A2, A6, A8 e A50 |
Prácticas de laboratorio |
Aprenderase a realizar cálculos de confiabilidade mediante a utilización do software específico para esta aplicación.
Traballaranse as competencias A8 e A56 |
Estudo de casos/análises de situacións |
Realízanse con grupos dun reducido número de alumnos e utilízanse para o desenvolvemento de traballos en grupo e a aprendizaxe de metodoloxías de traballo en equipo.
Traballaranse as competencias A2 e A50 |