Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas electrónicos de procesado de sinal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Realizarase un exame de respostas curtas sobre os temas teóricos da materia.

No apartado «Outros comentarios» amplíase a información.

Mediante este exame avaliaranse as competencias A48 e A54.
20
Traballos e proxectos Realizaranse dous proxectos durante o curso. No primeiro, cada estudante deseñará un sistema de procesado de sinal básico. A nota desta parte será do 35% da nota total da materia. O segundo proxecto consistirá no deseño de un sistemas de procesado de sinal de complexidade media e a súa avaliación supoñerá un 45% da nota final. No apartado "Outros comentarios" amplíase a información.

Mediante estes proxectos avaliaranse as competencias A1, A6, A9, B4, A48 e A54.
80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceráselle ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación mediante un exame final.

1.- Avaliación continua

A avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua, consistente nun exame teórico e na entrega de dous traballos teórico-prácticos (proxectos). No entanto, tamén se recolle como alternativa a posibilidade de realizar un exame final.

O exame teórico incluirá os contidos dos tres primeiros temas da materia e realizarase na cuarta semana de docencia, en horas de clase (horas tipo A). O peso deste exame será de 2 puntos sobre 10.

O primeiro traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 1 ao 5. Consistirá no deseño dun sistema básico de procesado de sinal e realizarase en horas de laboratorio (horas tipo B) en grupos de dous ou tres estudantes. O seu contido indicarase na segunda semana de clases e a entrega realizarase na sétima semana. Como resultado do traballo entregarase unha memoria e, posteriormente, presentarase o sistema deseñado.  O peso desta avaliación é de 3,5 puntos sobre 10.

O segundo traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 6 ao 9. Estes traballos realizaranse en horas de laboratorio (horas tipo B) en grupos de dous ou tres estudantes. O seu contido indicarase na sexta semana de clases e a entrega realizarase na semana 13. O peso desta avaliación é de 4,5 puntos sobre 10.

A cualificación final da materia será a suma das tres avaliacións. Para aprobar a materia débense cumprir as seguintes condicións:

- Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global.    

- Obter  un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das actividades avaliadas.

O alumnado que non supere algunha das avaliacións deberá presentarse á parte do exame final  que corresponda. Do mesmo xeito, as e os estudantes que queiran mellorar a nota obtida nalgunha das avaliacións poderán presentarse a devandito exame final.

No caso de que un alumno non obteña o mínimo do 40% da nota máxima nalgunha das tres actividades avaliadas, pero si supere o mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global, considerase que o alumno está suspenso e a nota que figurará na acta será 4,5 puntos.

Enténdese que a alumna ou alumnno  opta por avaliación continua se realiza o primeiro traballo teórico-práctico e dende ese momento considérase que se presentou á convocatoria.

2.- Avaliación mediante o exame final.

O exame final constará das mesmas actividades avaliativas que se recollen na avaliación continua. Isto significa que na data prevista para o exame final o alumnado que non optase pola avaliación continua deberá realizar o exame teórico dos temas 1 ao 3 da materia e entregar as memorias dos dous traballos teórico-prácticos equivalentes aos que se realizan na avaliación continua. Os devanditos traballos indicaranse na oitava semana de clases e presentaranse na semana seguinte á entrega.

Tal como se indicou anteriormente, os e as estudantes  que opten pola avaliación continua e non superen algunha das actividades avaliativas ou queiran mellorar a súa nota tamén se poderán presentar ao exame final só co parte ou partes que consideren. Neste caso a cualificación será a nota máis alta entre a do exame final e a de avaliación continua.

3.- Avaliación extraordinaria (Xuñio - Xullio)

O exame da avaliación extraordinaria será similar ao exame final descrito no punto 2.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000