Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas electrónicos de procesado de sinal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse sistemas de procesado de sinal básicos baseados en FPGAs.
Proxectos Estableceranse grupos de traballo de dous ou tres estudantes. Cada grupo desenvolverá dous proxectos ao longo do curso. Os devanditos proxectos consistirán no deseño de sistemas específico de procesado de sinal de complexidade baixa e media, respectivamente. A súa realización será, fundamentalmente, en horas de laboratorio (horas tipo B).

Ademais, dispoñerase de grupos pequenos (Grupos tipo C) que permitirán realizar un seguimento dos proxectos que se desenvolverán na materia. Actividades que se desenvolverán nos grupos C:

Actividade 1.
Análise e debate sobre os sistemas deseñados no primeiro proxecto da materia. Presentación de resultados. Alternativas de deseño.

Actividade 2.
Análise e seguimento da solución proposta para o segundo proxecto.

Actividade 3.
Demostración do funcionamento dos sistemas deseñados no segundo proxecto. Análise e debate de resultados.
Sesión maxistral Expoñeranse por parte do/a docente os contidos teóricos da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000