Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de adquisición de datos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Cada alumno ten que entregar unha memoria que corresponda ó traballo asignado.
Nestes traballos avalíanse as competencias A52 e A54.
10
Probas de resposta curta Test e/o cuestions do primeiro parcial de teoría, realizado na aula.
Nesta proba avalíanse as competencias A52 e A54.
15
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios do primeiro exame parcial de teoría.
Nesta proba avalíanse as competencias A52 e A54.
15
Probas de resposta curta Test e/o cuestions do segundo parcial de teoría, realizado nunha aula de exame.
Nesta proba avalíanse as competencias A52 e A54.
15
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios do segundo exame parcial de teoría.
Nesta proba avalíanse as competencias A52 e A54.
15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba práctica única, de tarefas reais e/ou simuladas. Realízase no laboratorio. Está relacionada con as prácticas realizadas. Os alumnos deberán realizar montaxes reais ou simulados, e contestar a preguntas sobre eles.
Nesta proba avalíanse as competencias A52 e A54.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NOTA: A duración das probas parciais está sometida a posibles cambios, debido as restricións de tempo. As duración exactas comunicaranse o longo do cuadrimestre.

EVALUACION CONTINUA:

A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos e un exame único de prácticas de laboratorio.

O primeiro parcial comprende os temas do un ó cinco. O segundo parcial comprende os temas do seis ó dez. O conxunto dos exames teóricos ten un peso do 60% no total da materia.

Os dous parciais serán realizados no horario de clase, e terán cada un unha duración aproximada de 90 minutos, dos que 30 corresponden a unha proba de resposta corta, e 60 corresponden ós exercicios.

Dentro de cada parcial, a proba de resposta corta e a resolución de exercicios teñen o mesmo peso.

Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10.

Os alumnos que suspendan algún dos exames parciais deberán examinarse soamente do parcial suspenso no exame final.

As prácticas do laboratorio avalíanse mediante un único exame de prácticas, realizado no laboratorio, con un peso na cualificación final do 30%.

Os traballos tutelados avalíanse en base á memoria que cada alumno ten que entregar ó finalizar a materia, de xeito individual. O peso sobre a nota final é de un 10%.

Para participar na avaliación continua será necesario presentarse ó primeiro parcial. A partires de ese momento o alumno queda presentado a convocatoria.

A cualificación obtida no exame único de prácticas, mantense para o exame da convocatoria de Xullo, salvo que o alumno renuncie a mantelo. Neste caso o alumno realizará un exame completo en Xullo, con contidos de teoría e laboratorio.

Para aprobar a materia, una vez superados os parciais, é necesario obter unha cualificación global (CG) de ó menos 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula:

CG = 0,6 * CT + 0,3*CP + 0,1*CTT

CT = nota media dos parciais, CP = nota de prácticas, CTT = nota do traballo tutelado.

A data prevista para o primeiro parcial sitúase na semana sesta. O segundo parcial terá lugar na ultima sesión de teoría.

O exame único de prácticas terá lugar no laboratorio, coincidindo coa última sesión de prácticas.

EXAMEN FINAL:

Os alumnos que non participen na avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final. Este exame constará de tres partes: una primeira parte dos temas un ó cinco, unha segunda parte dos temas seis ó dez e una terceira parte de exame de prácticas no laboratorio.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de ó menos 5 sobre 10 na primeira e segunda parte. En este caso, a calificación global obtense da seguinte fórmula:

CG = 0,6 * CT + 0,4*CP

CT = nota media da primeira e segunda parte, CP = nota de prácticas.

En caso contrario, o alumno será calificado cunha puntuación de 4 puntos ou co valor de CG se este é menor de 4.

NOTA IMPORTANTE:

Os alumnos que non participen no proceso de avaliación continua e desexen presentarse ó exame final, deben inscribirse obrigatoriamente para poder asistir, contactando cos profesores da materia, persoalmente ou mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. Deste modo, facilítase a planificación dos grupos de exame no laboratorio.

EXAMEN DE RECUPERACION:

O exame de recuperación (Xuño-Xullo) ten a mesma estrutura que o exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000