Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tratamento de sinais multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Exercicios puntuables individuais relacionados coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración cada unha, no horario das clases de laboratorio (competencias CG3 e CG4). 40
Traballos tutelados Proxectos puntuables para seren realizados en grupo. As calificacións poderán distinguir os diferentes graos de implicación na realización do proxecto (competencia CE25). 20
Sesión maxistral Proba de contidos sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais e de laboratorio (competencias CG3 e CG4). 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación 

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

  • Avaliación continua
  • Avaliación ao final do cuadrimestre
  • Recuperación no mes de xuño-xullo.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua da materia consistirá en:

  •  4 exercicios puntuables relacionados coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración cada unha, no horario das clases de laboratorio. Estas probas contarán un 40% da nota final.  
  • 1 proxectos puntuable realizado en grupo nas horas tipo C, que contará un 20% da nota final.
  • Proba de contidos sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais e de laboratorio. Terá lugar nas datas que especifique a Escola. O obxectivo desta proba é coñecer o nivel de comprensión por parte do estudante dos catro temas desenvoltos no curso.  A proba constará de exercicios e preguntas a contestar en dúas horas, podendo utilizar o estudante libros, as notas de clase maxistral e de laboratorio, e os materiais depositados adicionalmente en faitic. Esta proba contará un 40% da nota final. 

  A cualificación final do estudante será calculada por agregación ponderada  (40%, 20% e 40%, respectivamente) das cualificacións de laboratorio, proxectos en grupo e proba de contidos. En todo caso a superación da materia requirirá que  a cualificación na proba de contidos supere o nivel de 25 puntos sobre 100.

Ningunha destas probas é  recuperable, e a súa cualificación poderá ser conservada ao longo do curso 2013-2014. A cualificación final do estudante vén determinada nun 60% polas probas efectuadas ao longo do curso.  

Os contidos e o peso de cada proba de avaliación continua son os seguintes: 

  • Puntuable 1 (10 %):

            Análise de Fourier mediante DFT. Terá lugar na cuarta semana do curso.

  • Puntuable 2 (10 %)

            Filtrado adaptativo. Se entregará  na sexta semana do curso.

  • Puntuable 3 (10 %):

            Deseño e implementación de filtros FIR e IIR. Terá lugar na décima semana do curso.

  • Puntuable 4 (10 %)

            Procesado multitaxa e bancos de filtros. Terá lugar na decimoterceira semana do curso.

  • Proxecto: (20%) Aplicación práctica dos contidos do curso. Entregarase na decimocuarta semana do curso.

AVALIACIÓN AO FINAL DO CUADRIMESTRE

Se un estudante quere renunciar á avaliación continua, poderá presentarse a un exame final único que terá lugar o mesmo día da proba de contidos especificada anteriormente. Previamente á realización do exame, o estudante deberá asinar un formulario no que expresamente renuncia ao procedemento de avaliación continua. 

Esta exame terá unha duración de 3 horas e constará de 5 exercicios sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais, de laboratorio, e de titoría especializada, nas mesmas condicións especificadas para a devandita proba de contidos.

Convocatorias

Primeira oportunidade para aprobar a materia (Decembro)

  Se o estudante supera a materia neste período, a súa nota será definitiva e pasará a formar parte do seu expediente académico.

  Se o estudante non supera a materia, farase unha anotación provisional de suspenso no seu expediente coa nota obtida.  

Segunda oportunidade para aprobar a materia (Xuño-Xullo)

  En xuño-xullo só se realizará a proba de contidos, ou no seu caso o exame final, para aqueles estudantes que non aprobaran a materia en decembro. Se un estudante quere renunciar á avaliación continua nesta convocatoria, poderá presentarse ao exame final. Previamente á realización do exame, o estudante deberá asinar un formulario no que expresamente renuncia ao procedemento de avaliación continua.  

  O estudante figurará como “Non Presentado” se xa estaba nesta situación tralo primeiro período de avaliación e non realiza a proba correspondentes a este segundo período. 

  Os suspensos provisionais pasarán a ser definitivos se o estudante non se presenta á proba de contidos, ou ao exame final no seu caso, deste segundo período.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000