Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de comunicacións por radio
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Consta do seguemento do alumno que se valorará fundamentalmente a partires da resolución das diferentes tarefas (casos/análise de situacións) que se plantexen en clase. 20
Informes/memorias de prácticas Avaliación de:
-A preparación e desenvolvemento das prácticas de laboratorio
-Os informes e memorias das prácticas de laboratorio
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que os estudantes terán que resolver unha serie de exercicios de aplicación dos coñecementos adquiridos no tempo e nas condiciones establecidas polo profesorado.

Dependendo do sistema de avaliación elexido, haberá dúas probas a realizar durante o curso ou xunto á prueba final.
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final: consiste nunha proba para a avaliación das competencias adquiridas polos estudantes. Terán que desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos adquiridos durante o curso. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. Previamente ao exame (á entrada da sesión) o estudante decidirá se se
acolle ao sistema de cualificación por avaliación continua ou se decide
que a súa avaliación sexa só a do exame final. Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e
procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas
nun prazo razoable de tempo.

1. AVALIACIÓN CONTINUA. A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. O sistema de avaliación continua consiste en: a) Dúas sesións de resolución de exercicios e cuestións, nas semanas 4 e 9 (aproximadamente); b) Entrega na última semana de clases dunha memoria das prácticas de medidas ás que asistise o estudante asi como das prácticas TIC propostas; c) Entrega de todas as tarefas que se plantexen en clase (entregables); d) A parte obrigatoria do exame final.

2. AVALIACIÓN FINAL DE CUADRIMESTRE. Haberá un exame final que terá dúas partes: Unha delas será obrigatoria para todos os estudantes. A outra parte será obrigatoria para os estudantes que non opten por avaliación continua e voluntaria para os estudantes que elixan avaliación continua para mellorar a súa nota.

3. FÓRMULA DE CUALIFICACIÓN

E1=nota da parte obrigatoria do exame final ata 10 puntos.
E2=nota da outra parte do exame final ata 10 puntos.
PM=nota obtida pola asistencia a prácticas e execución e calidade das memorias ata 10 puntos.
PEC=nota obtida polas probas de avaliación continua ata 10 puntos.
S=nota de entregables, ata 10 puntos.
Avaliación continua: 0.3 x E1 + MAXIMO (0,7 x E2; 0,4 x PEC +0,1 x PM +0,2 x S)
Non Avaliación continua: 0,3 x E1 +0,7 x E2

4. RECUPERACIÓN NA CONVOCATORIA DE XULLO. Previamente ao exame (á entrada da sesión) o estudante decidirá se se acolle ao sistema de cualificación por avaliación continua cos puntos que obtivera no período ordinario ou se decide que a súa avaliación sexa só a do exame final. O sistema de avaliación e fórmula de cualificación serán os mesmos que para a convocatoria ordinaria.

5. ESTUDANTES PRESENTADOS Á MATERIA. Considerarase presentado a todo estudante que reciba calquera dos dous exames finais ou os enunciados das dúas probas de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000