Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Redes de ordenadores
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas autónomas a través de TIC Trátase de desenvolver un programa de rede 20
Metodoloxías integradas Participación en actividades online que se irán propoñendo ao longo do curso, e en actividades de plantexamento de preguntas e resposta das mesmas 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final 50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame parcial 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixase á elección dos alumnos o método de avaliación, continua ou única.

A Avaliación continua (AC) consistirá en tres probas previas máis un exame final:

  • Un exame parcial (EP) escrito na semana 10ª, que cubrirá os contidos das leccións maxistrais 1 a 7, e que representará o 20% da Nota Final (NF)

  • O desenvolvemento dun programa de rede (PR). Haberá de entregarse con data límite o día do exame final. O cumprimiento das prescripcións e a calidade do software determinarán a calificación desta proba. Dependendo do número de alumnos, os profesores poderán permitir a realización deste este programa por parellas pero nese caso os dous membros da parella deberán pertencer ao mesmo grupo de laboratorio e presentarse ambos por avaliación continua. O PR representará o 20% da Nota Final (NF)

  • A participación nas actividades online (AO) que se irán propoñendo ao longo do curso e nas actividades de plantexamento de preguntas e resposta das mesmas. As AO representan o 10% da Nota Final (NF)

  • Un exame final (EF) escrito sobre todos os contidos da materia, que ten un peso do 50% sobre a Nota Final (NF)

NF-AC = 0,2xEP + 0,1xAO + 0,2xPR + 0,5xEF

A Avaliación única (AU) consisitirá na realización do mesmo EF ao final do cuadrimestre, e na entrega antes da data do EF do mesmo programa de rede (PR) propostos para os que van por AC. Neste caso, o programa debe facerse e entregarse obrigatoriamente de xeito individual.

A cualificación do PR neste caso será simplemente APTO (cun valor numérico de “1”), se cumpre os requisitos mínimos esixidos, ou NON APTO (cun valor numérico de “0”) en caso contrario ou se non se entrega, en cuio caso a nota final será o 40% do EF. É dicir,

NF-AU = (0,4 + 0,6xPR) x EF

Considérase que opta por AC aquel alumno que se presenta ao EP, elección que se mantén hasta fin de curso. Os alumnos que non se presenten a este EP, optan obrigatoriamente por AU.

No mes de xullo haberá un novo EF nas datas oficialmente establecidas e tamén se permitirá a entrega dun novo PR consistente nunha versión modificada do de maio, con data límite de entrega o día do EF de xullo, e cuias especificacións se publicarán cunha antelación mínima de 4 semanas con respecto a esta data de entrega. Calquera alumno, con independencia de ter optado por AC ou AU, pode presentarse a este EF e presentar o novo PR

Para os alumnos que optaron por AC, estes EF e PR de xullo supoñen unha oportunidade de mellorar a nota nestas dúas probas con respecto a maio, e así no cálculo da Nota Final tense en conta a mellor nota das obtidas nestas dúas probas entre maio e xullo.

Para os alumnos que optaron por AU, o EF e o PR son probas que se consideran conxuntas e inseparables, é dicir, a Nota Final será a mellor das obtidas ao avaliar conxuntamente o EF e PR de cada convocatoria.

NF-AU = Máx[(0,4 + 0,6xPR-Maio) x EF-Maio, (0,4 + 0,6xPR-Xullo) x EF-Xullo]

Considéranse presentados á materia todos os alumnos que se presenten a calquera das probas escritas, EP ou EF.

As calificacións de todas as probas escritas, parciais ou finais, programas e actividades só terán efectos no curso académico no que se propoñan e serán comunicadas aos estudantes, en calquera das modalidades de avaliación, nun prazo que non excederá 10 días hábiles despois da realización da proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000