Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica dixital
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas contará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente do grupo será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. 20 B13
B14
C15
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse as competencias do estudante para resolver problemas e exercicios relacionados cos contidos da materia. A nota final de teoría, NFT, estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 80 C14
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua

Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.

Enténdese que os alumnos que realicen unha proba parcial de teoría ou que asistan a 2 prácticas optan pola avaliación continua da materia.

A avaliación da materia divídese en dúas partes: teoría e práctica. As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realicen.

1.a. Teoría

Realizaranse 3 probas parciais de teoría (PT) debidamente programadas ao longo do curso. As dúas primeiras probas realizaranse no horario de teoría ao finalizar o tema 4 e o tema 7 (aproximadamente nas semanas 6 e 12). A terceira proba realizarase o mesmo día que o exame final que se celebrará nas datas que estableza a dirección da Escola.

Cada proba parcial constará dunha serie de preguntas de resposta curta e de resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba valorarase de 0 a 10 e para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 en cada unha delas. A nota final de teoría (NFT) será:

NFT = 0,3·PT1 + 0,3·PT2 + 0,4·PT3

As probas non son recuperables, é dicir, que si un alumno non pode asistir o día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas. A nota das probas ás que falte será de 0.

Si obtívose menos dun 4 sobre 10 nalgunha das dúas primeiras probas parciais, o alumno poderá recuperar as partes non superadas o mesmo día da terceira proba parcial de teoría.

1.b. Práctica

Realizaranse 13 prácticas de laboratorio en sesións de 2 horas e grupos de 2 alumnos, sempre que sexa posible. As primeiras cinco prácticas serán guiadas e nelas aprenderase o manexo das ferramentas que se utilizarán no laboratorio e as etapas do deseño con dispositivos dixitais configurables. Estas cinco primeiras prácticas son obrigatorias pero non son puntuables. O resto das prácticas cualificaranse mediante a avaliación continua. Cada unha delas avaliarase unicamente o día correspondente á súa realización segundo a planificación de prácticas e de acordo co grupo de prácticas asignado polo centro a cada alumno. As prácticas 6 a 13 valoraranse cunha nota de práctica (NP) de 0 a 10 puntos cada unha. Os profesores terán en conta o traballo previo dos estudantes para preparar as tarefas propostas e o traballo no laboratorio, así como o comportamento do estudante no posto. A nota das prácticas ás que o estudante non asista será de 0. Para superar a parte de prácticas o alumno non poderá faltar a máis de 2 sesións. A nota final de prácticas (NFP) será:

NFP = (NP6 + NP7 + NP8 + NP9 + NP10 + NP11 + NP12 + NP13) / 8

1.c. Nota final da materia

Na nota final (NF) a cualificación de cada unha das dúas partes da materia, nota de teoría (NFT) e nota de prácticas (NFP), terán un peso do 80% e do 20% respectivamente. Para aprobar a materia será imprescindible superar a parte de teoría e a parte práctica, e obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha delas. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP)

No caso de non superar algunha das dúas partes (NFT < 5 ou NFP < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 4 puntos en cada unha das probas parciais de teoría, ou de faltar a máis de 2 sesións prácticas, a nota final será a suma ponderada das notas de cada parte multiplicada por un factor de axuste de 4,9/9:

NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP)·4,9/9

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5).

2. Exame final

Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame final que constará dunha parte teórica e outra práctica que se celebrarán nas datas que estableza a dirección da Escola. Para presentarse á parte práctica, o alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesor con suficiente antelación.

O exame teórico constará de tres probas de teoría (PT). Cada proba parcial constará á súa vez dunha serie de preguntas de resposta curta e de resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba valorarase de 0 a 10 e para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 en cada unha delas. A nota final de teoría (NFT) valorarase de 0 a 10 e será:

NFT = 0,3·PT1 + 0,3·PT2 + 0,4·PT3

O exame práctico consistirá na resolución de exercicios prácticos no laboratorio, similares aos realizados nas prácticas durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0 a 10 e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación obtida.

Para aprobar a materia será imprescindible superar a parte de teoría e a parte práctica, e obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada un dos exames. Neste caso a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP)

No caso de non superar algún dos exames (NFT < 5 ou NFP < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 4 puntos en cada unha das probas de teoría, a nota final será a suma ponderada das notas de cada parte multiplicada por un factor de axuste de 4,9/9:

NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP)·4,9/9

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5).

3. Exame extraordinario

O exame extraordinario constará dunha parte teórica e outra práctica que se celebrarán nas datas que estableza a dirección da Escola. Para presentarse á parte práctica, o alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesor con suficiente antelación.

Aos alumnos que se presenten a este exame conservaráselles a nota que obteñan na avaliación ordinaria (avaliación continua ou exame final) nas partes ás que non se presenten, polo que poderán realizar só a parte teórica, só a parte práctica ou as dúas. O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica a continuación.

O exame teórico constará dunha serie de
preguntas de resposta curta e de resolución de problemas e/ou
exercicios. Esta proba valorarase de 0 a 10 e a nota final de teoría
(NFT) será a cualificación obtida.

O exame práctico consistirá na resolución
de exercicios prácticos no laboratorio, similares aos realizados nas
prácticas durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0
a 10 e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación
obtida.

Para aprobar a materia será imprescindible
obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada un dos exames (NFT >=
5 o NFP >= 5). Neste caso a cualificación final (NF) será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP)

No caso de non superar algún dos exames
(NFT < 5 ou NFP < 5), a nota final será a suma ponderada das
notas de cada parte multiplicada por un factor de axuste de 4,9/9:

NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP)·4,9/9

Para aprobar a materia será imprescindible
obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000