Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Procesado dixital de sinais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Empréganse para avaliar a parte de Prácticas. Superalas constitúe un requisito para aprobar a materia. Ver detalles no apartado doutros comentarios.

Nestas probas avaliarase a competencia A57.
0
Probas de resposta curta Empréganse para avaliar a parte de Coñecementos Básicos. Superar esta parte constitúe un requisito para aprobar a materia. Ver detalles no apartado doutros comentarios.

Nestas probas avaliarase a competencia A3.
0
Resolución de problemas e/ou exercicios Empréganse para avaliar a parte de Problemas. Superalas constitúe un requisito para aprobar a materia. Ver detalles no apartado doutros comentarios.

Nestas probas avaliaranse as competencias A3, A4 e A58.
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN:

A. Visión xeral

As competenciias adquiridas avalíanse mediante unha serie de probas agrupadas en tres partes e con distintos requisitos de seperación:

  1. Probas de Prácticas: exames tipo test.
  2. Proba de Coñecementos Básicos: exames de resposta curta.
  3. Probas de Resolución de problemas: exames de problemas.

Para superar a materia é necesario superar as tres partes.

  • Para cada parte realízanse unha ou varias probas para obter unha cualificación independente en cada unha delas.
  • Hai probas de todas as partes tanto durante o período de clases como nos periodos de avaliación final. En total hai tres oportunidades para superar cada parte ao longo do curso académico.
  • Unha vez que se supera unha parte, a nota obtida mantense durante todo o curso académico.
  • A cualificación final de Prácticas e de Coñecementos Básicos é unicamente ou Apto ou Non Apto.
  • A cualificación final de Resolución de problemas é un nota numérica de 0 a 10.
  • A cualificación da materia obtense, a grandes liñas, do seguinte modo:
    • Se se  superaron as tres partes, a nota final é a nota de Resolución de problemas.
    • Se non se superou algunha das tres partes, a nota final é a menor das tres, calculada como se especifica no apartado de aclaracións.

Tamén é importante resaltar o seguinte:

  • Mediante avaliación continua e posible obter a máxima cualificación (10).
  • Os alumnos que fagan os exames de avaliación continua e que non superen algunha parte, ao final do cuadrimestre ou a final de curso,  só é necesario que realicen ditas partes.
  • Presentarse a calquera dos exames de avaliación continua da materia implica presentarse á mesma, e xa que logo obter unha cualificación que constará en acta.

Nos seguintes apartados explícase con detalle como se cualifica cada unha das partes.

B. Detalles de cada parte avaliable

B1. Probas de Prácticas

  • Obxectivo: Coñecer si o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas adquiridos nas prácticas de laboratorio, facendo fincapé no emprego de MatLab para o procesado dixital de sinais.
  • Materia que é obxecto de exame: O contido dos boletíns de prácticas de laboratorio e aqueles contidos de teoría que se especifiquen nos mesmos.
  • Tipo de exame: Preguntas tipo test. Para a súa resolución poderase empregar MatLab, o enunciado da práctica do laboratorio e as anotacións que sobre ela realice o alumno e o libro de texto. Non se pode empregar calculadora.
  • Cualificación: Apto ou Non apto.
  • Calendario: O alumno ten tres oportunidades para superar a parte de Prácticas:
    • Oportunidade 1 (avaliación continua):
      • Tres probas durante o período de clases.
      • Faise unha proba tipo test ao final de cada práctica no aula de grupo pequeno.
      • Avalíase a práctica que se finalice en devandita sesión e todas as anteriores.
      • En cada exame obtense unha nota entre 0 e 10. E obrigatorio presentarse ás tres probas. Si o promedio obtido é maior ou igual que 5, obtense un Apto. Noutro caso Non Apto.
      • As datas exactas dos exames publicaranse na web da materia a principio de curso.
    • Oportunidades 2 e 3: Unha proba coincidindo coas datas dos exames finais ao final de cuadrimestre, e outra ao final do cuso (xuño- xullo). Obtense un Apto con polo menos un 5 sobre 10. Noutro caso, Non Apto.
  • Consideracións particulares:
    • Unha vez que se obtén un Apto, gárdase para todo o curso académico.
    • Mentres non se obtén o Apto, é posible presentarse a calquera das tres oportunidades especificadas.

B2. Coñecementos básicos

  • Obxectivo: Coñecer si o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas mínimos da materia.
  • Materia que é obxecto de exame: Especifícase nas guías de cada tema no apartado de "Coñecementos básicos". Exclúense deste exame os coñecementos de MatLab.
  • Tipo de proba: Preguntas de resposta curta. Non se poden empregar libros, nin apuntes, nin calculadora.
  • Cualificación: Apto ou Non apto. Para ser Apto, é necesario obter polo menos un 7 sobre 10.
  • Calendario: O alumno ten tres oportunidades para superar a parte de Coñecementos Básicos:
    • Oportunidade 1 (avaliación continua): Unha proba na penúltima semana do período de clases, no aula de grupo grande. A data exacta da proba publicarase na web da materia a principio de curso.
    • Oportunidades 2 e 3: Unha proba coincidindo coas datas dos exames finais ao final de cuadrimestre e  ao final de curso (xuño-xullo).
  • Consideracións particulares:
    • Unha vez que se obtén un Apto, gárdase para todo o curso académico.
    • Mentres non se obtén o Apto, é posible presentarse a calquera das tres oportunidades especificadas.
B3. Resolución de problemas
  • Obxectivo: Comprobar que  o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas da materia e sabe aplicalos á resolución de problemas.
  • Materia que é obxecto de exame: Especifícase nas guías de cada tema no apartado de "Contidos que son materia de exame". Exclúense deste exame os coñecementos de MatLab.
  • Tipo de proba: Exame de problemas. Non se poden empregar libros, nin apuntes. En cada proba especificarase se se pode usar ou non calculadora.
  • Cualificación: Nota de 0 a 10. Esta parte supérase con polo menos un 5.
  • Calendario: O alumno ten tres oportunidades para superar a parte de Resolución de problemas:
    • Oportunidade 1 (avaliación continua): Tres exames durante o período de clases, no aula de grupo grande. Cada un cualifícase de 0 a 10.
      • A nota de Resolución de problemas obtense como 0.25*NotaProba1+0.35*NotaProba2+0.4*NotaProba3.
      • Exame 1: Temas 1 a 3. Sexta semana de curso.
      • Exame 2: Temas 1 a 6. Décima semana de curso.
      • Exame 3: Temas 1 a 8. Decimocuarta semana de curso.
      • As datas exactas das probas publicaranse na web da materia a principio de curso.
    • Oportunidades 2 e 3: Un exame coincidindo coas datas dos exames finais ao final do cuadrimetre e ao final do curso (xuño-xullo).
  • Consideracións particulares:
    • Unha vez que se obtén unha nota de polo menos un 5, gárdase para todo o curso académico.
    • Mentres non se obtén o apto, é posible presentarse a calquera das tres oportunidades especificadas.
    • Si superouse esta parte durante a avaliación continua, é posible presentarse a ela no exame ao final de cuadrimestre para subir nota.
    • Os alumnos que teñan que presentarse ao final de curso (xuño-xullo) pero que teñan superada a parte de Resolución de problemas, NON poden presentarse a esta parte para subir nota.

C. Aclaracións e outras consideracións

  • Finalizado o curso os alumnos terán unha única nota da materia no seu expediente académico.
    • Unha vez finalizado o exame de Decembro ponse a nota obtida polo alumno ata ese momento, que é definitiva se se trata dunha nota igual ou superior a 5 puntos.
    • Se un alumno que non superou a materia ao final de cuadrimestre, obtén unha mellor cualificación ao final de curso (xuño-xullo), esta nova nota será a que pase a constar no seu expediente. Si non é mellor, déixase a que tiña anteriormente. En todo caso esta nota pasa a ser definitiva.
  • A nota que se pon no expediente tanto ao final de cuadrimestre como ao final de curso (xuño-xullo), calcúlase do seguinte xeito:
    • Se o alumno superou a materia, ponse a nota de Resolución de problemas.
    • Se o alumno non a superou, a nota calcúlase como o mínimo das tres seguintes:
      • Nota numérica da parte de Prácticas
      • (5/7)*Nota numérica da proba de Coñecementos Básicos
      • Nota de Resolución de problemas
    • No caso de que o alumno teña varias notas de Prácticas, Coñecementos Básicos ou Resolución de problemas, terase en conta a maior.
  • As probas de avaliación continua non son recuperables.
  • As notas obtidas nas partes de Prácticas, Coñecementos Básicos e Resolución de problemas son só válidas durante o actual curso académico.
  • No caso de que nalgúnha das probas da parte de Resolución de problemas permítase o uso de calculadora, só poderá ser unha calculadora científica convencional. NON se poden utilizar calculadoras que permitan o almacenamento de fórmulas, nin aquelas que dispoñen de librerías que realizan de forma automática operacións con números complexos, cálculo de raíces, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000