Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Transmisión electromagnética
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas que requiren o manexo de instrumentación. 20
Presentacións/exposicións Realización das prácticas de manexo de ferramentas informáticas de procura de información e exposición dun traballo sobre normativa de telecomunicacións. 10
Observación sistemática Técnicas destinadas a recompilar datos sobre a participación do alumno, baseados na asistencia, preparación previa das prácticas e realización das tarefas autónomas. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas nun tempo e condicións establecidos polo profesorado, aplicando os coñecementos que adquiriu. 30
Probas de tipo test Proba que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de evaluación: evaluación continua e evaluación o final do cuadrimestre.


A avaliación continua comprende unha serie de tarefas que se realizan ao longo do cuadrimestre (65%) e unha proba de tipo test (35%) que se realiza o día que corresponda de acordo co calendario de exames oficial. Para aprobar mediante este sistema de evaluación é imprescindible asistir, como mínimo, a un 80% das horas presenciais e á proba tipo test.


As tarefas a realizar durante o curso comprenden: a participación activa nas sesiones de aula e nas prácticas de laboratorio, o traballo autónomo, a búsqueda de información, elaboración e presentación dun informe e a realización de dúas probas de resolución de problemas (a primeira cara a metade do cuadrimestre e a segunda cara o final). Estas tarefas non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obrigación de repetirllas e so serán válidas para o curso académico no que se realicen.


Avaliación mediante exame final


Ademais do sistema de avaliación continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único exame final que terá dous partes:
     Primeira parte: proba de resposta curta (40 %).
     Segunda parte: resolución de problemas (60 %).



O estudante deberá decidir si opta pola avaliación continua logo da realización da primeira proba de resolución de problemas, sobre a 8ª-9ª semana de clase, nese caso recibirá a cualificación que lle corresponda, independentemente de que se presente ao resto de probas ou non.


Exame de Xullo


Consistirán nun exame final con dúas partes: una proba tipo test (40%) e un examen de problemas (60%).
Os estudantes que queiran conservar a nota obtida na primeira parte de evaluación continua (65%)  poderán optar por realizar só o test (35%).






Para superar a materia é necesario obter en calquera dos sistemas de avaliación e convocatorias, polo menos, un 50% na cualificación total.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000