Resolución de problemas e/ou exercicios |
No laboratorio, o profesor exporá pequenos retos que serán resoltos colectivamente para que se poidan debater os conceptos subxacentes, as diferentes opcións de resolución e que os alumnos adquiran as destrezas obxectivo da materia.
Esta metodoloxía esta orientada as competencias CE50, CE51 e CE53. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Posta en común dos deseños expostos para solucionar o proxecto que han de levar a cabo durante a segunda parte do curso. A comparación das diferentes propostas servirá para seleccionar as mellores opcións e como *realimentación para, se é oportuno, mellorar os deseños realizados.
Esta metodoloxía esta orientada ás competencias CE51 e CE52. |