Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Comunicación de datos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Dous exames parciais e un exame final. En cada un deles avaliaranse todas as competencias correspondentes á parte do temario que se viu en clase ata a data do exame. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única.

A avaliación continua consistirá na realización de dous exames parciais (cada un, o 20% da nota final) e un exame final (60% da nota final). O primeiro exame parcial realizarase previsiblemente na sexta semana de clase, e o segundo
exame parcial, previsiblemente na décima. En cada un deles, entrará TODO o temario explicado en clase ata a data do exame.Os resultados dos
exames parciais conoceranse nas dúas semanas seguintes á
realización dos mesmos. O exame final versará sobre TODOS os
contidos da materia y realizarase no período de exames do
Centro.

A avaliación única consistirá nun exame final. A cualificación final da materia será, neste caso, a nota obtida no devandito exame.

Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a un calquera dos exames (xa sexan parciais ou final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente a un calquera dos exames parciais. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que só se presente ao exame final.

Quen non supere a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispón dunha segunda oportunidade no mes de xullo consistente en responder a un único exame escrito. Quen optase na primeira oportunidade pola avaliación continua, poderá, no momento do exame, optar pola avaliación única.

A cualificación dos exames só fornece efectos no curso en que se propoñan.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000