Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Comunicación de datos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única.

A avaliación continua consistirá na realización de dous exames parciais (cada un, o 20% da nota final) e un exame final (60% da nota final). O primeiro exame parcial versará sobre os contidos do tema 1 e realizarase previsiblemente na séptima semana de clase. O segundo
exame parcial versará sobre os contidos do tema 2 e realizarase
previsiblemente na undécima semana de clase. Os resultados dos
exames parciais conoceranse nas dúas semanas seguintes á
realización dos mesmos. O exame final versará sobre TODOS os
contidos da materia y realizarase no período de exames do
Centro.

A avaliación única consistirá nun exame final. A cualificación final da materia será, neste caso, a nota obtida no devandito exame.

Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a un calquera dos exames (xa sexan parciais ou final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente a un calquera dos exames parciais. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que só se presente ao exame final.

Quen non supere a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispón dunha segunda oportunidade no mes de xullo consistente en responder a un único exame escrito. Quen optase na primeira oportunidade pola avaliación continua, poderá, no momento do exame, optar pola avaliación única.

A cualificación dos exames só fornece efectos no curso en que se propoñan.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000