Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Materias
Programación I
Avaliación
Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Realización de traballos e resolución de problemas expostos durante as sesións de laboratorio.

Nestes traballos avaliásense as competencias CG4 e CE12/T7.
10
Proxectos A avaliación do proxecto realizarase mediante dúas probas. A primeira centrarase no deseño, funcionalidade, codificación e estruturación do proxecto. A segunda evaluará a organización e capacidade de traballo en grupo.

Neste proxecto avaliásense as competencias CG4, CG9, CE6/T1 e CE12/T7.
30
Probas de tipo test Realizarase un cuestionario tipo test ao longo do curso.
Nesta proba avaliaranse as competencias CE6/T1 e CE12/T7.
5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase 1 exercicio no laboratorio de forma individual que consistirán na realización dun programa no computador.

Nestas probas avaliaranse as competencias CE6/T1 e CE12/T7.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios plantados durante o desenvolvemento das sesións maxistrais. Proba final sobre todos os contidos da materia.

Nestas probas avaliaranse as competencias CG4 e CE12/T7.
45

Outros comentarios sobre a Avaliación

A continuación móstrase a planificación da materia por temas indicando o momento estimado dos fitos de avaliación máis importantes:

TeoríaLaboratorioProbas Teoría Probas Laboratorio
Semana 1Tema 1

Semana 2Tema 2Práctica 1

Semana 3Tema 2 / Tema 3Prácticas 1 y 2

Entrega Práctica 1 (EP1)
Semana 4Tema 3Práctica 2

Semana 5Tema 3Prácticas 2 y 3

Entrega Práctica 2 (EP2)
Semana 6Tema 4Práctica 3Proba Test (CW)
Semana 7Tema 4Práctica 3 y PL1
Entrega Práctica 3 (EP3) y Puntuable Prácticas (PL1)
Semana 8Tema 4 Proxecto
Proba Aula 1 (PA1)
Semana 9Tema 5Proxecto

Semana 10Tema 6Proxecto

Semana 11Tema 6Proxecto

Semana 12Tema 7ProxectoProba Aula 2 (PA2)
Semana 13Tema 7PL2
Puntuable Proxecto (PL2)
Semana 14Tema 7Proxecto

Período de exames

Proba final sobre todos os contidos da materia (PFT) Proba final do proxecto (PR)

Seguindo as directrices propias da titulación ofrécese aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. Enténdese que o alumno segue a avaliación continua se non opta, de forma explícita, pola avaliación ao final do cuadrimestre. A decisión de optar por avaliación ao final do cuadrimestre poderá ser tomada como moi tarde na semana na que se realiza no laboratorio a proba "Puntuable de prácticas (PL1)".

Para aprobar a materia seguindo o sistema de avaliación continua haberá que obter polo menos unha nota final igual ou superior a 5. A nota final (que se calculará como a media harmónica entre a suma das probas prácticas e a suma das probas teóricas) virá dada pola seguinte expresión:

NF=  (2*NP* NT)/ (NP+ NT)

NP (Max. 100%) = EP (Max. 20 %) + PL1 (Max. 20 %) + PL2 (Max. 20%) + PR (Max. 40 %), si (PL2 + PR)  ≥ 30% (máximo de PL2+PR = 60%), en otro caso NP=0.

NT (Max. 100%) = CW (Max. 5 %) + PA1 (Max. 15 %) + PA2 (Max. 20 %) + PFT (Max. 60%)

Nótese, que a aplicación da media armónica implica que para aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima en cada unha das partes (NP e NT). A nota mínima varía entre 3.3 e 5, dependendo do que se obteña na outra parte. É dicir, o necesario, en cada caso, para conseguir unha nota final igual ou superior a 5.

A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten a obrigación de repetirllas. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

A avaliación ao final do cuadrimestre consistirá na entrega dun proxecto e na realización de exercicios de programación tanto en papel como co computador.

A cualificación será de non presentado nos seguintes casos:

1. En caso de non optar pola avaliación ao final do cuadrimestre só se non presenta ningunha entrega despois da proba práctica PL1.
2. En caso de se optar pola avaliación ao final do cuadrimestre só se non realiza as probas indicadas.

Nas convocatorias extraordinarias exporanse dous tipos de avaliación:

• A primeira para aqueles alumnos que seguisen a avaliación continua durante o curso. Neste caso a avaliación consistirá na realización da proba final (parte teórica) e/ou da entrega dunha ampliación do programa proxecto e da realización dun exercicio no laboratorio (parte práctica). As dúas probas anteriores terán que facerse ambas ou só una delas nas seguintes circunstancias:

• a proba final correspondente á parte teórica se na convocatoria ordinaria non superou a mesma (NT menor que 50%);
• a entrega da ampliación do programa proxecto e o exercicio de laboratorio correspondente á parte práctica se na convocatoria ordinaria non se superou a mesma (NP menor que 50%);
• ambas as se se cumpren as dous anteriores ou o alumno así o desexa.

• A segunda para aqueles alumnos que non seguisen a avaliación continua, ou que a seguiron pero queren abandonala. Esta avaliación consistirá na entrega dun proxecto e a realización dun exame final con exercicios de prácticos tanto en papel como co computador.

O alumno que poida optar de forma voluntaria por unha ou outra opción, poderá facelo ata o momento de entrega ou realización das probas correspondentes.

A nota obtida na avaliación continua non se garda dun curso para o seguinte.

En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación será de suspenso (0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas. No caso de que o plaxio se detecte nalgún dos traballos/probas de avaliación continua non se permitirá que o alumno siga este procedemento de avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000