Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Cinco sesións dunha hora.

Primeira sesión: Tema 1
Segunda sesión: Tema 2
Terceira sesión: Tema 4
Cuarta sesión: Tema 5
Quinta sesión : Tema 6

As cinco probas suman un 35% da nota tendo cada unha o peso seguinte:
Primeira: 10% (1 punto)
Segunda: 5% (0,5 puntos)
Terceira: 10% (1 punto)
Cuarta: 5% (0,5 puntos)
Quinta: 5% (0,5 puntos)
35
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumno fará unha práctica de laboratorio do Tema 3 con Matlab ou Maxima. O seu valor será do 5% (0,5 puntos) 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final dos temas 4,5,6 e 7. O seu valor será do 60% da nota (6 puntos) 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será preferentemente continua. O alumno, nas dúas primeiras semanas de clase, entregará ó profesorado da materia un formulario para inscribirse neste tipo de avaliación. Unha vez expresado o seu desexo de participar por escrito non poderá darse de baixa da avaliación continua.
As probas da avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesor non ten obrigación de repetirllas. Antes da realización de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas que serán públicas nun prazo razoable de tempo (polo xeral unha semana). A avaliación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.


Nas probas da avaliación continua o alumno resolverá problemas e exercicios dos temas da materia.

1. Avaliación continua.

A nota final dun alumno que faga a avaliación continua obtense mediante a fórmula

N = C + E

C :  Nota obtida ao sumar as notas das seis sesións evaluativas dos temas 1,2,3 4, 5, e 6.

E : Nota do exame final dos temas 4,5,6 e 7.

Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando N sexa maior ou igual que 5 .

2. Avaliación final do cuadrimestre.

Aqueles alumnos que non fagan a avaliación continua, poderanse presentar a un exame final de todos os temas da materia na mesma data que a do exame final da avaliación continua. Nesta outra modalidade serán avaliados de 0 a 10 puntos e un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5 .

3. Recuperación de xullo.

No día do exame de recuperación, os alumnos que elixiron avaliación continua, poderán optar, se o desexan, por un exame dos temas 4,5,6 e 7 e a nota final obtense como

N = C + E

C : Nota obtida ao sumar as notas das seis sesións evaluativas dos temas 1,2,3 4, 5, e 6.

E : Nota do exame final dos temas 4,5,6 e 7.

Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5.

En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por mor da non participación na avaliación continua, o exame de recuperación será de todos os temas da materia. Nesta outra modalidade serán avaliados de 0 a 10puntos. Un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

4. Nota de non presentado.

Finalmente, un alumno considerarase non presentado se non se inscribe na evaluación continua e non se presenta a ningunha das probas e exames da materia. En caso contrario considérase presentado e polo tanto recibirá a nota que lle corresponda.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000