Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Campos e ondas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecidos/as polo profesor. Deste xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
<br>Esta proba avalía as competencias A10 e A12
60
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final: Proba para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
<br>Esta proba avalía as competencias A3, A10 e A12
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre:

1. AVALIACIÓN CONTINUA.

  • O estudante que se acolla a este sistema de avaliación poderá acadar unha cualificación máxima de 6 puntos.
  • O sistema de avaliación continua consistirá en tres sesións de resolución de cuestionarios/exercicios que se realizarán, aproximadamente, nas semanas 4, 8 e 12:
    • Proba 1. Tema 1. Valoración 10%. Puntuación (EC1) máxima 1 punto.
    • Proba 2. Temas 2 a 4. Valoración 20%. Puntuación (EC2) máxima 2 puntos.
    • Proba 3. Semana 12. Temas 5 e 6. Valoración 30%. Puntuación (EC3) máxima 3 puntos.
  • Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións
    obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo.
  • As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas.
  • A nota final de avaliación continua (EC) calcularase como a suma das puntuacións acadadas nas tres probas planificadas: EC=EC1+EC2+EC3.
  • A cualificación obtida nas tarefas avaliables (EC) será válida tan só para o curso académico no que se realicen.
  • Entenderase que un alumno se acolle a este sistema de avaliación cando despóis de facer a primeira proba de avaliación continua se presenta á segunda proba.

2. AVALIACION FINAL DE CUADRIMESTRE.

  • Consistirá nun exame final que avaliará todas as competencias da materia.
  • A este exame preséntanse todos os alumnos. Se distinguen os seguintes casos:
    • Alumnos que non seguiron a avaliación continua: a nota final será a do examen final (EF).
    • Alumnos que seguiron a avaliación continua:
      • Todos realizarán obrigatoriamente a parte do exame correspondente aos temas 7 e 8. (Cualificación EC4 de 0 a 4 puntos)
      • Se (EC1+EC2) é menor que 1, realizarán obrigatoriamente a parte do exame correspondente aos temas 1 a 4. Noutro caso poderán realizar a dita parte para mellorar a suma (EC1+EC2)
      • Si EC3 é menor que 1, realizarán obrigatoriamente a parte do exame correspondente aos temas 5 e 6. Noutro caso poderán realizar a dita parte para mellorar a suma EC3
      • A nota final será EF=(EC1+EC2)+EC3+EC4


3. RECUPERACION NA CONVOCATORIA DE XULLO.

  • Consistirá novamente nun exame que avaliará todas as competencias da materia.
  • Para os alumnos que seguiron avaliación continua considerarase o exame dividido en tres partes correspondentes ás calificacións (EC1+EC2), EC3 e EC4. Deberán realizar obrigatoriamente as partes do exame nas que a nota previa sexa menor que 1 y poderán facer o resto para mellorar a nota. A cualificación final será (EC1+EC2)+EC3+EC4.

OBSERVACIÓNS:

  • Considerarase presentado a todo estudante que se presente a calquera dos dous exames finais.
  • Se un alumno participou na avaliación continua e non aproba a materia, aínda que non se presente a ningún exame final, considerarase presentado/a e recibirá unha cualificación de suspenso.
  • Considerarase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000