Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Campos e ondas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecidos/as polo profesor. Deste xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final: Proba para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre:

1. AVALIACIÓN CONTINUA.

  • O estudante que se acolla a este sistema de avaliación poderá acadar unha cualificación máxima de 4 puntos.
  • O sistema de avaliación continua consistirá en tres sesións de resolución de cuestionarios/exercicios que se realizarán, aproximadamente, nas semanas 5, 8 e 12:
    1. Proba 1. Semana 5. Tema 1. Valoración 10%. Puntuación (EC1) máxima 1 punto.
    2. Proba 2. Semana 8. Temas 2 e 3. Valoración 15%. Puntuación (EC2) máxima 1,5 punto.
    3. Proba 3. Semana 12. Temas 4 e 5. Valoración 15%. Puntuación (EC3) máxima 1,5 punto.
  • Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións
    obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo.
  • As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas.
  • A nota final de avaliación continua (EC) calcularase como a suma das puntuacións acadadas nas tres probas planificadas: EC=EC1+EC2+EC3.
  • A cualificación obtida nas tarefas avaliables (EC) será válida tan só para o curso académico no que se realicen.
  • Entenderase que un alumno se acolle a este sistema de avaliación cando despóis de facer a primeira proba de avaliación continua se presenta á segunda proba.

2. AVALIACION FINAL DE CUADRIMESTRE.

  • Consistirá nun exame final que avaliará todas as competencias da materia.
  • A este exame preséntanse todos os alumnos. Se distinguen os seguintes casos:
    1. Alumnos que non seguiron a avaliación continua: a nota final será a do examen final (EF).
    2. Alumnos que seguiron a avaliación continua:
      •  Se acadaron unha nota EC>=1.6: o examen final (EF) ponderarase sobre 10-EC. Polo tanto a súa nota final calcularase seguindo a seguinte fórmula:
NF = EC + EX*(10-EC)/10
      • Se acadaron unha nota EC < 1.6: o examen final ponderarase sobre 6.Polo tanto a súa nota final calcularase seguindo a seguinte fórmula:
NF = EC + EX*6/10
  • O sistema de puntuación plantexado garante que todo aquel alumno que complete de maneira axeitada o sistema de avaliación continua (nota media mínima de 4 puntos sobre 10, ou equivalentemente 1,6 sobre 4) poderá acadar una nota final na materia de 10 puntos ó igual que aqueles alumnos que non se acollan ó sistema de avaliación continua.


3. RECUPERACION NA CONVOCATORIA DE XULLO.

  • Consistirá novamente nun exame que avaliará todas as competencias da materia.
  • Previamente ao exame o estudante decidirá se se acolle ao sistema de cualificación por avaliación continua conservando os puntos que obtivera no período ordinario (EC) ou se decide que a súa avaliación sexa mediante o exame final.

OBSERVACIÓNS:

  • Considerarase presentado a todo estudante que se presente a calquera dos dous exames finais.
  • Se un alumno participou na avaliación continua e non aproba a materia, aínda que non se presente a ningún exame final, recibirá unha cualificación de suspenso.
  • Considerarase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000