Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Análise de circuítos lineais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Son 3 exercicios que se realizan no horario das sesións maxistrais. Cada un deles refírese a un ou dous dos temas máis importantes da materia. Cada exercicio tén unha ou mais preguntas. As puntuación dos tres exercicios en grupo grande son 1, 2 e 2.5 puntos, respectivamente.
Con estas probas evaluanse as competencias A4 e A13.
55
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Haberá 5 probas perante o curso. Faránse en grupo mediano. 3 delas estarán referidas os exercicios de simulación de circuítos con puntuacións de 0,75, 1 e 1.25, respectivamente. As outras 2 probas referiránse a exercicios de montaxe e medida de circuítos (a primeira puntuarase con 0.5 puntos; a segunda, con 1 punto).
Nestes exercicios valoraráse a capacidade de traballo en grupo, o cumprimento das especificacións de deseño e a presentación de resultados.
Con estas probas evaluanse as competencias A3 e A13.
45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Adicionalmente ao sistema de avaliación continua descrito no apartado anterior, o alumnado poderá optar pola realización dun exame final. Este exame terá as mesmas características que a proba denominada "Resolución de problemas e/ou exercicios", cunha puntuación comprendida entre 0 e 10 puntos.

O alumnado, conforme ao calendario escolar, terá dúas oportunidades no curso académico para superar a materia.

1. Primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre. O alumnado pode optar libremente polo sistema de avaliación continua descrito na sección anterior, sen que iso exclúa a posibilidade de realizar un exame final. Casos posibles:


  • Alumnado que só realiza a avaliación continua: é cualificado coa puntuación que obtivo na mesma.
  • Alumnado que só realiza o exame final: é cualificado coa puntuación que obtivo no mesmo.
  • Alumnado que realiza a avaliación continua e o exame: é cualificado coa mellor de ambas as puntuacións.

2. Exame extraordinario. O alumnado que non superou a materia ao final do cuadrimestre pode realizar un exame final como o que se acaba de describir. A puntuación alcanzada no mesmo (entre 0 e 10) será a cualificación final.

Comentario adicional: A realización de catro ou máis probas puntuables e/ou algún dos exames finais significará que o alumno terá unha cualificación distinta da de "non presentado".

Recuperación. As probas e os exames non son recuperables. É dicir, se o alumno non pode realizalos nas datas previstas, o profesor non ten obrigación de habilitar outras datas para a súa realización.

Resultados das probas. Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo (xeralmente en menos de tres semanas desde a realización da proba).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000