Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Cálculo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Nestas probas avaliaranse as competencias A3, A10 e FB1.

Primeira sesión (1 hora): Tema 1. (Aprox. semana 6).

Segunda sesión (1 hora): Temas 2 y 3. (Aprox. semana 9).

Terceira sesión (1 hora): Temas 4 y 5. (Aprox. semana 13).

Cuarta sesión (1 hora): Tema 6. (Aprox. semana 15).

As catro sesións anteriores suman o 40% da nota total. A puntuación de cada unha delas será do 10%.
40
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final sobre os temas 1, 3, 6 e 7 da materia. A puntuación será o 60% da nota total. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuatrimestre.

1. Avaliación continua.

  Considerarase que un alumno optou por avaliación continua cando, tras presentarse á primeira sesión de avaliación continua, entregue ao profesor antes do 19 de outubro, a folla de inscripción neste tipo de avaliación. Unha vez expresado por escrito o seu desexo de participar, non poderá cambiar a opción de avaliación.

A avaliación continua consta das catro sesións que figuran nesta guía e do exame final. As sesións non son recuperables, é dicir, si un alumno non pode presentarse para realizalas no día estipulado polo profesor, este non ten obrigación de repetirllas. Antes da realización de cada sesión indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas que serán públicas nun prazo razoable de tempo (polo xeral unha semana). A nota final dun alumno que faga avaliación continua obterase mediante a fórmula

N = (1/10) x C + (6/10) x E

C : Nota, entre 0 e 40, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora.

E : Nota, entre 0 e 10, obtida no exame final sobre os temas 1, 3, 6 e 7 da materia.

Nesta modalidade, un alumno estará aprobado cando N sexa maior ou igual que 5.

A cualificación obtida nas tarefas evaluables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

2. Avaliación ao final do cuatrimestre.

Aqueles alumnos que non sigan avaliación continua poderanse presentar a un exame final, que non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua, sobre todos os temas da materia. A data deste exame será a mesma na que terá lugar o exame final  da avaliación continua. Neste caso, o exame será evaluado entre 0 e 10 puntos e un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5 .

3. Recuperación no mes de xullo (segunda convocatoria).

O día do exame de recuperación, os alumnos que elixiron avaliación continua, poderán optar, se asi o desexan, a un exame onde a nota se obteña como

NR= (1/10) x C   (6/10) x D

C : Nota, entre 0 e 40, obtida como a suma  das notas das sesións dunha hora.

D : Nota, entre 0 e 10, obtida nun exame sobre  os temas 1, 3, 6 e 7 da materia de, como máximo, tres horas de duración.

Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5. En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por non seguir a avaliación continua, o exame de recuperación será sobre todos os contidos da materia e será puntuado entre 0 e 10. Este exame terá unha duración máxima de tres horas e non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua. Un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

4. Nota de Non Presentado.

Un alumno considerarase non presentado si, como máximo, participou na primeira sesión de avaliación continua. En calquera outro caso, o alumno considerarase presentado e recibirá a súa nota correspondente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000