Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Seguindo as directrices para o grao, serán ofrecidos dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuatrimestre. No caso da avaliación continua a planificación será a seguinte:
Cinco probas de unha hora:
1.Proba individual dos temas 1 e 2 (10%; semana 5 aproximadamente).
2. Proba por grupos de 4 ou 5 alumnos dos temas 3 e 4 (10%; semana 10 aproximadamente).
3. Proba individual do tema 5 (10%; semana 12 aproximadamente).
4. Entrega e resolución, tanto por grupos de 4 ou 5 persoas como individual, dun exercicio de cálculo simbólico con escalares, vectores, matrices, determinantes, autovalores, autovectores, produto interior, norma, etc (10%; semana 14 aproximadamente) .
5. Proba por grupos de 4 ou 5 alumnos do tema 6 (10%; semana 15 aproximadamente).
50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha proba individual de dúas horas dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 . 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Considerarase que un alumno optou pola avaliación continua cando, logo de coñecer a cualificación que obteña na primeira proba individual dunha hora, acepte participar na elaboración dos grupos de traballo. Neste caso, a cualificación final dun alumno obtense mediante a fórmula

                                                                        N=(5/10) x T + (5/10) x E

onde T é a nota, entre 0 e 10, obtida como a media ponderada das notas das cinco probas dunha hora e onde E é a nota, entre 0 e 10, da proba de dúas horas. Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando N sexa maior ou igual que 5. Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo. As probas non son recuperables, é dicir, si un alumno non pode presentarse para realizalas no día estipulado polo profesor, este non ten obrigación de repetirllas.

A cualificación obtida nas tarefas evaluables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

Avaliación ao final do cuatrimestre:

Os alumnos que non opten por seguir a avaliación continua poderanse presentar a un exame, que non será necesariamente o mesmo que a proba individual de dúas horas dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 dos alumnos que sigan a avaliación continua, onde serán evaluados sobre 10 puntos. Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando a cualificación do exame sexa maior ou igual que 5.

Recuperación no mes de xullo:

O día do exame de recuperación, os alumnos que elixiron avaliación continua poderán optar, si deséxano e antes de velo, a un exame onde a nota obtense como

NR = (5/10) x T + (5/10) x D

onde T é a nota, entre 0 e 10, obtida como a media ponderada das notas das cinco probas dunha hora e D é a nota, entre 0 e 10, obtida nun exame de tres horas de duración máxima dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6. Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5.

En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por non participar na avaliación continua, o exame de recuperación, que non será necesariamente o mesmo que o que teñan que realizar os alumnos que si elixan dita opción, será tamén dos temas 1, 2, 3, 4, 5, e 6 e de tres horas de duración máxima. Neste caso o exame será evaluado entre 0 e 10 e un alumno estará aprobado cando a cualificación do exame sexa maior ou igual que 5.

Cualificación de non presentado:

Un alumno considerarase non presentado si non opta pola avaliación continua e como máximo preséntase á primeira proba individual dunha hora. En caso contrario considerarase presentado e outorgaráselle a nota que lle corresponda.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000