Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Informática: Arquitectura de ordenadores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de autoavaliación Deixaranse preguntas de exame doutras convocatorias para que poidan autoavaliarse. 0 B3
B4
C2
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse tres exercicios prácticos de avaliación continua no laboratorio. 50 B3
B4
C2
Probas de resposta curta Realizaranse en teoría 3 exercicios de avaliación continua. 50 B3
B4
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia divídese en dúas partes: Teoría e Práctica.

Considérase a media harmónica de A e B como MH(A,B)= 2*A*B/(A+B). Si A=B=0, enton M(A,B)=0.

A media aritmética de A e B como MA(A,B)=(A+B)/2.

A nota final da materia (NF) calcúlase en función da nota de Teoría (NT) e da nota de Práctica (NP):

  Se NT >= 5 e NP >=5 entón NF =MA(NT, NP) 

      se non {

                  Se MH (NT,NP) > 3 entón  NF = MH(NT,NP)

                  se non NF = MA(NT,NP), max. 3 (i.e. se MA(NT,NP)>3 entón NF=3)

   }

Para aprobar a materia, NF deberá ser maior ou igual a 5. 

Cada parte da materia poderase avaliar de forma continua (AC) ou por exame final (EF). Ademais, a parte de Teoría poderase seguir e avaliar mediante Clase Inversa Mixta (CIM).

O EF realizarase nas horas fixadas oficialmente e constará de dúas partes: Teoría e Práctica.

A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, e dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesor non ten a obriga de repetilas.

Se unha das partes (Teoría ou Práctica) se aproba na convocatoria de Final de Cuatrimestre, conservase a nota para a convocatoria de recuperación, na que o alumno só se deberá examinar da outra parte. Se o alumno fixo AC, na parte que queda pendente, consérvanselle as notas obtidas.

A puntuación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

TEORÍA

A parte de Teoría divídese en dúas partes: T1 e T2. T1 cubre aproximadamente o 66% do temario (ata o tema 5 incluído),  e T2 o 100% do temario.

A nota de Teoría é a media harmónica da nota desta dúas partes, é dicir:

NT =MH(T1, T2) = 2*T1*T2 / (T1+T2)

* AVALIACIÓN CONTINUA (AC)

Na AC de Teoría a parte T1 constará de dous exercicios (AC1 e AC2) e a parte T2 dun exercicio, a realizar aproximadamente na 5ª semana, 10ª semana e no Exame Final (é dicir, o terceiro exercicio é parte do Exame Final). 

O temario é aproximadamente do 33% do total para o primeiro exercício AC1 (ata o tema 3 excluido punto flotante), do 66% para o segundo AC2 (ata o tema 5 incluído),  e do 100% para o terceiro (T2).

A nota da primeira parte é T1 = MH(AC1,AC2)

Se se fixo AC pero o alumno suspendeu a materia, gardaranse para Xulio as notas T1 e T2.

* CLASE INVERSA MIXTA (CIM)

Consiste en que á semana, unha hora de clase farase mediante a visualización de vídeos fose da aula, e a outra hora de clase na aula para resolver dúbidas, realización de problemas e aviación.

A inscrición nos grupos de CIM realizarase durante a primeira semana de clase, empezando a segunda semana. Os alumnos que escollan CIM haberán de asinar un documento onde deixen constancia do seu compromiso de seguir as normas da CIM.

* EXAME FINAL DE CUATRIMESTRE

Todo alumno, seguise ou non a AC, pode presentarse ó Exame Final. Se seguiu a AC, poderá descarta os resultados obtidos nela e presentarse ó exame final. En tal caso, a nota válida será a de EF, anulando a nota que se tivese obtido anteriormente na AC.

Este constará de dous exercicios T1 e T2 a realizar en 90 minutos. Os alumnos que non realizasen AC terán que presentarse a todo o exame FINAL (T1 e T2).

* RECUPERACIÓN 

O Exame de Recuperación de teoría ten a mesma estrutura que o Final de Cuatrimestre e realizarase en 90 minutos. Se o alumno non realizou AC, terá que presentarse tanto a T1 coma a T2, independentemente das notas obtidas no Final de Cuatrimestre en cada proba. Se realizou AC, o alumno pode presentarse a T1 e/ou T2, anulando a nota que tivese obtido anteriormente.

PRÁCTICA

* AVALIACION CONTINUA.

A parte de Práctica en AC consta de 3 exercicios: P1, P2 e P3. P1 tratará de SIMPLEZ, P2 de ALGORITMEZ Básico (sobre o 60% do temario) e P3 sobre ALGORITMEZ Completo (100% do temario). Os exercicios realizaranse no laboratorio e durarán aproximadamente 1 hora. P1 será sobre a 4ª semana, P2 sobre a 8ª e P3 no examen final. P1 e P2 realizaranse en quendas de tarde.

A nota de AC de Práctica é a media ponderada destas tres partes NP =0,20*P1+0,35*P2+0,45*P3

* EXAME FINAL DE CUATRIMESTRE

Todo alumno, haxa ou non seguido a AC, pode presentarse ao Exame Final. Se seguiu a AC, poderá descartar os resultados obtidos nela e presentarse ao Exame Final. En tal caso, a nota válida será a do EF, anulando as notas que tivese obtido anteriormente na AC.

O EF de Práctica consistirá nun exercicio sobre ALGORITMEZ a realizar no laboratorio en 1 h (aproximadamente).

A Nota de Práctica neste caso é a nota do EF.

* RECUPERACIÓN 

A convocatoria de recuperación consistirá nun exame similar ao Exame Final de Cuatrimestre.

CUESTIÓNS XERAIS

ACTAS.- Para que a AC sexa considerada en Actas, o alumno deberá presentarse ao exercicio P1 en Prácticas, ou ao AC1 en Teoría. Todo alumno que seguindo a AC non se presente a algunha desas probas (P1 ou AC1):

- Non contará a súa nota en actas e para todos os efectos será tratado como aqueles que se presenten por primeira vez, sen cursala anteriormente.

- Non poderá presentarse ao resto de exercicios de AC, xa que non lle serán tidos en conta.

EXAMENES: Para poder realizar calquera exame de teoría (AC1, AC2, T1 e T2) ou de práctica (P1, P2, P3 e Exame Final), incluíndo os de recuperación, todo estudante haberá de inscribirse a través da correspondente ferramenta informática, para o cal se avisará cun prazo mínimo de 5 días naturais.

NOTAS: Antes da realización ou entrega dun exercicio, ou da realización dun exame, indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas que serán públicas nun prazo razoable de tempo.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000