Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Fundamentos de mecánica e termodinámica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Cuestións relativas aos conceptos teóricos. Resolución de casos e situacións simples relacionadas co temario, tanto de aula como de laboratorio. 25 B3
B5
B6
C3
Probas de resposta curta Cuestións relativas aos conceptos teóricos. Resolución de casos e situacións simples relacionadas co temario, tanto de aula como de laboratorio. 25 B3
B5
B6
C3
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Resolución de problemas que impliquen un ou varios conceptos teóricos. Realización de medidas reais ou simuladas. Elaboración dos resultados de medicións reais ou simuladas. 50 B3
B5
B6
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(Esta é unha traducción, en caso de discrepancia ou desacordo, prevalecerá a versión orixinal en español.)

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única ao final do cuadrimestre.

Enténdese que o alumno opta pola avaliación continua si realiza e entrega o terceiro exercicio puntuable (véxase a continuación) e que opta poa avaliación única ao final do cuatrimestre se non entrega dito exercicio puntuable. Unha vez entregado o resultado de dito exercicio entenderase que o alumno se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación, con independencia de que se presente ou non ao exame final.

1) AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta dos exercicios que se detallan a continuación nesta guía e non son recuperables, é dicir, si un alumno non pode realizalos na data estipulada o profesorado non ten  obrigación de repetilos.

En xeral, as cualificacións de cada exercicio puntuable faranse públicas antes da realización do exercicio seguinte. Os exercicios correxidos poderanse revisar, en horario de titorías do profesor correspondente, durante os catorce días seguintes á data de publicación das calificacións.

A cualificación obtida nos exercicios puntuables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

Primeiro exercicio puntuable:

a1) Exercicio práctico de laboratorio con realización de medidas reais e elaboración dos resultados, consistente na realización da sesión experimental de laboratorio número 3, a elaboración individual (nos 30 minutos finales) dos resultados avaliables que se indican no guión de dita sesión e a entrega dos mesmos ao remate da clase (puntuación entre 0 e 1 punto).

Segundo exercicio puntuable:

b1) Proba combinada con preguntas e exercicios de tipo test e de resposta curta. Cuestións achega dos conceptos teóricos e resolución de casos e situacións simples relacionadas co temario de aula (puntuación entre 0 e 1 punto).
Duración 30 minutos nunha clase de teoría ou de problemas, cuia data indicarase no calendario de probas puntuables que aprobe a Comisión Académica do Grao.

Terceiro exercicio puntuable:

c1) Exercicio práctico de laboratorio con realización de medidas reais e elaboración dos resultados, consistente na realización da sesión experimental de laboratorio número 5, a elaboración individual (nos 30 minutos finales) dos resultados avaliables que se indican no guión de dita sesión e a entrega dos mesmos ao remate da clase (puntuación entre 0 e 1 punto).

Cuarto exercicio, exame final da avaliación continua:

Proba combinada con:

d1) preguntas e exercicios de tipo test e de resposta curta, (puntuación entre 0 e 5 puntos repartidos entre eles)

e1) resolución de un ou dous problemas, (puntuación entre 0 e 3,4 puntos repartidos entre eles)

f1) realización dun exercicio con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados (puntuación entre 0 e 1,6 puntos).

Duración 2 horas na data establecida oficialmente para o exame da asignatura.

Cualificación.
g1) calcularase como a suma das cualificacións obtidas nos bloques b1), d1) e e1) e a menor de: 2 puntos ou a suma dos
bloques a1), c1) e f1)
g1 = b1 + d1 + e1 + min{ 2 , a1 + c1 + f1 }

A cualificación global será a menor de 10 puntos ou g1)
global = min{ 10, g1 }

2) AVALIACIÓN ÚNICA AO FINAL DO CUADRIMESTRE

Exame final global:

Proba combinada con:

d2) preguntas e exercicios de tipo test e de resposta curta, (puntuación entre 0 e 5 puntos repartidos entre eles)

e2) resolución de un ou dous problemas, (puntuación entre 0 e 3,4 puntos repartidos entre eles)

f2) realización dun exercicio con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados (puntuación entre 0 e 1,6 puntos).

Duración 2 horas na data establecida oficialmente para o exame da asignatura.

Cualificación.
g2) calcularase como a suma das cualificacións obtidas nos bloques d2), e2) e f2)
g2 = d2 + e2 + f2

A cualificación global será g2)
global = g2

3) RECUPERACIÓN

Exame de recuperación:

Proba combinada con:

d3) preguntas e exercicios de tipo test e de resposta curta, (puntuación entre 0 e 5 puntos repartidos entre eles)

e3) resolución de un ou dous problemas, (puntuación entre 0 e 3,4 puntos repartidos entre eles)

f3) realización dun exercicio con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados. (puntuación entre 0 e 1,6 puntos)

Duración 2 horas na data establecida oficialmente para o exame da asignatura.

Cualificación.
A cualificación obtida no exame de recuperación reemplazará á do exame final anterior, de forma que se obterá a nova cualificación de acordo cos seguintes criterios:

3A) Alumnos que tiveran optado pola avaliación continua

g3A) calcularase como a suma das cualificacións obtidas nos bloques b1), d3) e e3) e a menor de: 2 puntos ou a suma dos
bloques a1), c1) e f3)
g3A = b1 + d3 + e3 + min{ 2 , a1 + c1 + f3 }

A cualificación global será a menor de 10 puntos ou g3A)
global = min{ 10, g3A }

3B) Alumnos que tiveran optado pola avaliación ao final do cuadrimestre
g3B) calcularase como a suma das cualificacións obtidas nos bloques d3), e3) e f3)
g3B = d3 + e3 + f3

A cualificación global será g3B)
global = g3B

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000