Educational guide 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Fundamentos de mecánica e termodinámica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Cuestións relativas aos conceptos teóricos. Resolución de casos e situacións simples relacionadas co temario, tanto de aula como de laboratorio. 25
Probas de resposta curta Cuestións relativas aos conceptos teóricos. Resolución de casos e situacións simples relacionadas co temario, tanto de aula como de laboratorio. 25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Resolución de problemas que impliquen un ou varios conceptos teóricos. Realización de medidas reais ou simuladas. Elaboración dos resultados de medicións reais ou simuladas. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

Enténdese que o alumno opta pola avaliación continua si realiza a 3ª proba puntuable (véxase a continuación). Unha vez realizada esta proba entenderase que o alumno se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final.

1) AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía e non son recuperables, é dicir, si un alumno non pode realizalas na data estipulada o profesorado non ten obrigación de repetilas.
Antes da realización cada proba indicaranse a data de publicación e o procedemento de revisión das cualificacións obtidas. En xeral, as cualificacións de cada proba puntuable faranse públicas antes da realización da proba seguinte.
A cualificación obtida nas probas puntuables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

1ª proba puntuable:

a1) Proba práctica de laboratorio con realización de medidas reais e elaboración dos resultados (puntuación 0-1 punto).
Duración 30 minutos ao final da sesión de laboratorio número 3, cuxa data indicarase no calendario de probas puntuables que aprobe a Comisión Académica do Grao.

2ª proba puntuable:
b1) Proba combinada de tipo test e de resposta curta. Cuestións achega dos conceptos teóricos e resolución de casos e situacións simples relacionadas co temario de aula (puntuación 0-1 punto).
Duración 30 minutos ao final dunha clase de problemas, cuxa data indicarase no calendario de probas puntuables que aprobe a Comisión Académica do Grao.

3ª proba puntuable:
c1) Proba práctica de laboratorio con realización de medidas reais e elaboración dos resultados (puntuación 0-1 punto).
Duración 30 minutos ao final da sesión de laboratorio número 5, cuxa data indicarase no calendario de probas puntuables que aprobe a Comisión Académica do Grao.

4ª proba, exame final da avaliación continua:
Proba combinada con:
d1) entre 8 e 12 cuestións de tipo test e de resposta curta, (puntuación 0-5 puntos repartidos entre elas)
e1) resolución dun ou dous problemas, (puntuación 0-3,4 puntos repartidos entre eles)
f1) realización dun exercicio con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados (puntuación 0-1,6 puntos).
Duración 2 horas na data establecida oficialmente para o exame da asignatura.

Cualificación.

g1) calcularase como a suma das cualificacións obtidas nos bloques b1), d1) e e1) e a menor de: 2 puntos ou a suma dos bloques a1), c1) e f1)

g1 = b1 + d1 + e1 + min{ 2 , a1 + c1 + f1 }

A cualificación global será a menor de 10 puntos ou g1)

global = min{ 10, g1 }

2) AVALIACIÓN AO FINAL DO CUADRIMESTRE

Exame final global:
Proba combinada con:
d2) entre 8 e 12 cuestións de tipo test e de resposta curta, (puntuación 0-5 puntos repartidos entre elas)
e2) resolución dun ou dous problemas, (puntuación 0-3,4 puntos repartidos entre eles)
f2) realización dun exercicio con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados (puntuación 0-1,6 puntos).
Duración 2 horas na data establecida oficialmente para o exame da asignatura.

Cualificación.

g2) calcularase como a suma das cualificacións obtidas nos bloques d2), e2) e f2)

g2 = d2 + e2 + f2

A cualificación global será g2)

global = g2

3) RECUPERACIÓN DE XULLO

Exame final:
Proba combinada con:
d3) entre 8 e 12 cuestións de tipo test e de resposta curta, (puntuación 0-5 puntos repartidos entre elas)
e3) resolución dun ou dous problemas, (puntuación 0-3,4 puntos repartidos entre eles)
f3) realización dun exercicio con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados. (puntuación 0-1,6 puntos)
Duración 2 horas na data establecida oficialmente para o exame da asignatura.

Cualificación.

Os alumnos que realicen o exame de recuperación de xullo perderán a cualificación obtida no exame final anterior e obterán unha nova cualificación de acordo cos seguintes criterios:

3A) Alumnos que optaron pola avaliación continua

g3A) calcularase como a suma das cualificacións obtidas nos bloques b1), d3) e e3) e a menor de: 2 puntos ou a suma dos bloques a1), c1) e f3)

g3A = b1 + d3 + e3 + min{ 2 , a1 + c1 + f3 }

A cualificación global será a menor de 10 puntos ou g3A)

global = min{ 10, g3A }

3B) Alumnos que optaron pola avaliación ao final do cuadrimestre

g3B) calcularase como a suma das cualificacións obtidas nos bloques d3), e3) e f3)

g3B = d3 + e3 + f3

A cualificación global será g3B)

global = g3B

Para a asignación da cualificación de Matrícula de Honra teranse en conta as cualificacións g1), g2), g3A) e g3B) en lugar das globais correspondentes.

-Distribución das competencias da asignatura que se avalían en cada bloque:




















































AVALIACIÓN 
COMPETENCIAS
a1 





A5

A6

b1

A12

A3



A6

c1





A5

A6

d1, d2, d3

A12

A3



A6

e1, e2, e3

A12







f1, f2, f3





A5

A6




-Aspectos das competencias que se avalían:


A12: Coñecemento de conceptos básicos sobre as leis xerais da
Mecánica e da Termodinámica e da súa aplicación para a resolución de
problemas.


A3: Coñecemento de materias básicas (Mecánica e Termodinámica) que
capaciten ao alumnado para a aprendizaxe de novos métodos e
tecnoloxías, así como para dotalo de versatilidade para adaptarse a
novas situacións.


A5: Coñecementos para a realización de medidas e cálculos.


A6: Coñecemento e manexo de especificacións de instrumentos de medida e normas básicas (SI e ISO80000 partes 1 a 5).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000