Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Empresa: Fundamentos de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas que se realizarán ao longo do curso, tanto nas clases de teoría como de prácticas, distribuidas de forma uniforme e programadas para que non interfiran no resto das materias.
40 B4
B8
C5
D2
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que pode conter parcial ou totalmente os contidos da materia desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas. 60 B4
B8
C5
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua (con dous opcións ) e avaliación non continua ao final do cuadrimestre. En calquera dos dous sistemas de avaliación todas as competencias da materia quedan avaliadas.

1. Avaliación continua

Considerarase que un alumno optou pola avaliación continua cando, despois de coñecer a calificación obtida na primeira proba, participa na segunda proba.

A avaliación continua constará dun conxunto de probas planificadas e desenvolvidas ao longo do curso, e que se completará cun exame ao final do cuadrimestre que cubrirá total ou parcialmente a asignatura. Os alumnos teñen dereito a revisar as súas probas de avaliación continua As probas consistirán en dous exames, que se efectuarán aproximadamente en novembro e a principios de decembro. As devanditas probas non liberan materia, senon que cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría coma de prácticas, é por isto que se lle conferirá á derradeira proba un maior peso no cálculo da calificación con respecto a anterior, de forma que a primeira proba pesa un 40%, e a segunda proba un 60%.

Si o alumno ten superado a derradeira proba, e obtido unha media na calificación de 5, quedará exento da realización do exame ao final do cuadrimestre. A calificación que obtén o alumno neste caso será a nota media ponderada dos dous puntuables.

Os alumnos que no haxan obtido o aprobado da materia a través das probas, terán que completar a evaluación continua realizando un exame ao final do cuadrimestre que consistirá nunha proba reducida que suporá un 60% da nota que se sumará á nota obtida na avaliación continua (40% restante dos puntuables).

O estudante ten dereito a coñecer a calificación obtida en cada tarefa  e a sús revisión, nun prazo razoable tras a súa realización (dous semanas). Asimesmo, estas tarefas non son recuperables é dicir, se un alumno non pode cumpli-las no día estipulado o profesor non ten a obriga de repetírllas. A calificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

2. Alumnos que non optan por avaliación continua

Aos alumnos que non opten por a avaliación continua se lles ofrecerá un procedemento de avaliación que lles permita acadar a máxima calificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas.

3. Sobre a convocatoria de recuperación

Para a convocatoria de recuperación o alumno que non aprobase a asignatura elixe e comunica por escrito (unha semana antes do exame) se desexa ser reevaluado completamente sobre a máxima nota posible ou se se lle aplica o procedemento de avaliación estipulado na asignatura mantendo a nota obtida nas tarefas previas. Por defecto, ao alumno se lle gardan os resultados das probas realizadas.

4. Calificación de Non Presentado

Un alumno se considerará non presentado se, como máximo, participou na primeira proba de avaliación continua. En calquera outro caso, o alumno se considerará presentado e recibirá a súa nota correspondente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000