Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Empresa: Fundamentos de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas que se realizarán ao longo do curso, tanto nas clases de teoría como de prácticas, distribuidas de forma uniforme e programadas para que non interfiran no resto das materias.
<br>Nestas probas se evalúan as competencias A4, A8, A14.
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que pode conter parcial ou totalmente os contidos da materia desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas.
<br>Nestas probas se evalúan as competencias A4, A8, A14.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua 


(con dous opcións ) e avaliación non continua ao final do cuadrimestre. En calquera dos dous sistemas de avaliación todas
as competencias da materia quedan avaliadas.


1. Avaliación continua


Considerarase que un alumno optou pola avaliación continua cando, despois de coñecer a calificación obtida na primeira proba, participa na segunda proba.


A avaliación continua constará dun conxunto de probas planificadas e desenvolvidas ao longo do curso, e que se completará cun exame ao final do cuadrimestre que cubrirá total ou parcialmente a asignatura.  As probas consistirán en tres exames avaliables, que se efectuarán aproximadamente a mediados de outubro, en novembro e a principios de decembro. As devanditas probas non liberan materia, senon que cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría coma de prácticas, é por isto que se lle conferirá á derradeira proba un maior peso no cálculo da calificación con respecto a anterior, de forma que a primeira proba pesa un 20%,  a segunda e a terceira proba un 30% e 50%, respectivamente.



Si o alumno ten superado 2/3 das probas realizadas –sendo unha delas a derradeira proba-, e obtido unha media na calificación de 5, quedará exento da realización do exame ao final do cuadrimestre. A calificación que obtén o alumno neste caso será a nota media ponderada dos tres puntuables.


Os alumnos que no haxan obtido o aprobado da materia a través das probas, terán que completar a evaluación continua realizando un exame ao final do cuadrimestre que consistirá nunha proba reducida que suporá un 60% da nota que se sumará á nota obtida na avaliación continua (40% restante dos puntuables).


O estudante ten dereito a coñecer a calificación obtida en cada tarefa nun prazo razoable tras a súa realización. Asimesmo, estas tarefas non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumpli-las no día estipulado o profesor non ten a obriga de repetírllas. A calificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.


2. Alumnos que non optan por avaliación continua


Aos alumnos que non opten por a avaliación continua se lles ofrecerá un procedeiento de avaliación que lles permita acadar a máxima calificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas. 


3. Sobre a convocatoria de recuperación (xullo)


Para a convocatoria de recuperación (xullo) o alumno que non aprobase a asignatura elixe e comunica por escrito (unha semana antes do exame) se desea ser reevaluado completamente sobre a máxima nota posible ou se se lle aplica o procedemento de avaluación estipulado na asignatura mantendo a nota obtida nas tarefas previas. Por defecto, ao alumno se lle gardan os resultados das probas realizadas. 


4. Calificación  de Non Presentado


Un alumno se considerará non presentado se, como máximo, participou na primeira proba de avaliación continua. En calquera outro caso, o alumno se considerará presentado e recibirá a súa nota correspondente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000