| Prácticas de laboratorio |
Nas sesións de laboratorio o estudantado aplica os métodos de deseño descritos nas sesións maxistrais. Todas as sesións son guiadas e supervisadas polo profesorado.
Nas sesións de laboratorio trabállanse as competencias C3, D7, B10 e C19.
|
| Aprendizaxe baseado en proxectos |
Esta actividade céntrase en aplicar as técnicas descritas nas sesións de teoría e habilidades desenvolvidas no laboratorio á realización dun proxecto. O estudantado debe chegar a solucións ben fundamentadas, escollendo os métodos de deseño máis adecuados. Estes proxectos planifícanse e tutorizanse en grupos de tamaño reducido.
Mediante os proxectos trabállanse as competencias B10, C3, C6, C8, C9, C19 e D7. |
| Estudo previo |
Esta tarefa comprende a preparación de sesións de teoría e prácticas de laboratorio.
Trabállanse as competencias B10, C3, C6, C9, C19 e D7. |
| Resolución de problemas de forma autónoma |
O profesor orienta un conxunto de problemas que se realizan de forma autónoma en horas de traballo individual.
Trabállanse as competencias B10, C3, C6, C9, C19 e D7. |