Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
 Materias
  Mostraxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC O alumnado realizará e entregará exercicios utilizando software estatístico a partir das prácticas realizadas polo profesorado, incluíndo a posibilidade de realizar unha avaliación por pares dos exercicios entregados 50 C1
C5
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de diversas probas de preguntas de resposta curta ou resolución de problemas. 50 C1
C3
C5
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS E MÉTODOS DE AVALIACIÓN

A avaliación contínua consiste en dúas partes:

  • Parte I: Realización de probas teórico-prácticas, cun peso total do 50% na calificación final.  Con estas probas valoraráse o nivel adquirido polo alumnado nas competencias CG1-CG2, CG4-CG5, CB7, CB9-CB10, CT1, CT3, CE1, CE2, CE6 e CE8.
  • Parte II: Realización das prácticas programadas ao longo do curso cun peso do 50% restante, que deberán ser presentadas co correspondente informe, interpretando os resultados e avaliando a aplicabilidade e o cumprimento das hipóteses necesarias. Nesta parte tamén se poderá requirir que se faga unha avaliación por pares das prácticas entregadas.  Con estas prácticas valoraráse o nivel adquirido polo alumnado nas competencias CG1-CG5, CB6-CB10, CT1-CT5, CE1, CE2, CE6, CE8 e CE10.

Para superar a materia é imprescindible conseguir polo menos un 5 na nota media das dúas partes (Parte I e Parte II). Ademáis, será necesario conseguir polo menos un 5 na nota media das distintas probas teórico-prácticas (Parte I).

Na avaliación global realizaráse un exame teórico-práctico que consiste na resolución de problemas semellantes aos exemplos e prácticas resoltas durante o curso na data oficial do exame.  Este sistema de avaliación utilizaráse tamén na convocatoria de Xullo.

Considérase que un alumno segue a avaliación continua cando se presentou a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.

Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ...) nalgunha das actividades de avaliación terá unha cualificación final de suspenso neste curso académico. Este feito será comunicado á autoridade competente para que tome as accións disciplinarias que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000