Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
 Materias
  Estatística espacial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Exercicios e actividades nos que o/a alumno/a amosará o seu nivel de comprensión dos contidos traballados nas clases expositivas. Deberán realizarse e entregarse no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial. 10 A1
A3
A5
B1
C2
C4
C6
C9
D1
Resolución de problemas Proba con exercicios prácticos sobre análise descritiva e modelado da dependencia no contexto espacial, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e que amosarán a capacidade desenvolvida polo/a estudante nas clases interactivas para afrontar este tipo de problemas. Esta proba realizarase nunha sesión de clase interactiva. 25 A2
B2
B4
C1
C5
C10
D2
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame do contido impartido nas clases expositivas, que permitirá establecer o dominio acadado polo/a alumno/a dos conceptos e técnicas estudadas. Este exame realizarase na data que se estableza no calendario oficial de exames. 40 A4
B1
C3
C5
C6
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de resolución de problemas e exercicios prácticos sobre predición espacial, análise espazo-temporal, procesos puntuais e agregados, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e que amosarán a capacidade desenvolvida polo/a estudante nas clases interactivas para afrontar este tipo de problemas. Esta proba realizarase na data que se estableza no calendario oficial de exames. 25 A2
B2
B3
B5
C1
C8
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para solicitar atención personalizada mediante titoría, o/a estudante deberá enviar unha mensaxe por correo electrónico ó/á docente, co asunto "Titoría". O/a docente indicaralle a data e a hora asignadas á titoría solicitada tamén mediante unha mensaxe por correo electrónico.

Na plataforma web do máster facilitarase información sobre as titorías, os/exames/probas de avaliación e o contido desta materia. É responsabilidade de cada estudante acceder á referida información, así como recompilar toda aquela información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

A) Primeira oportunidade: 

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua ou alternativamente optar polo sistema de avaliación global. A avaliación por defecto é a avaliación continua. O alumnado poderá elixir a avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecidos polo centro. A elección de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de avaliación continua que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveran lugar.

A.1) Avaliación continua (100%): En caso de non renunciar á avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar as actividades e probas que se indican a continuación: 

- Resolución de problemas de forma autónoma (10%): exercicios e actividades sobre o contido impartido nas clases expositivas, que deberán realizarse de forma autónoma e entregarse no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial.

- Resolución de problemas (25%): proba con exercicios prácticos sobre análise descritiva e modelado da dependencia no contexto espacial, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e terá lugar nunha sesión de clase interactiva. Se o/a alumno/a non obtén unha valoración nesta prueba dun mínimo
de 5 puntos sobre 10, deberá realizar a recuperación desta proba na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Exame de preguntas de desenvolvemento (40%): proba con cuestións sobre o contido impartido nas clases expositivas e que se realizará na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. 

- Resolución de problemas e/ou exercicios (25%): proba con exercicios prácticos sobre predición espacial, análise espazo-temporal, procesos puntuais e agregados, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e terá lugar na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

Considerarase que un/unha estudante se ten presentado á avaliación continua
cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta
modalidade indicadas anteriormente.

A.2) Avaliación global (100%): O/a alumno/a deberá realizar as probas que se indican a continuación: 

- Exame de preguntas de desenvolvemento (50%): proba con cuestións sobre o contido impartido nas clases expositivas e que se realizará na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. 

- Resolución de problemas (25%): proba con exercicios prácticos sobre análise descritiva e modelado da dependencia no contexto espacial, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e terá lugar nunha sesión de clase interactiva. Se o/a alumno/a non obtén unha valoración nesta prueba dun mínimo de 5 puntos sobre 10, deberá realizar a recuperación desta proba na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Resolución de problemas e/ou exercicios (25%): proba con exercicios prácticos sobre predición espacial, análise espazo-temporal, procesos puntuais e agregados, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e terá lugar na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

B) Segunda oportunidade e fin de carreira: Seguiranse os mesmos criterios que na avaliación global da primeira oportunidade.

C) Observacións sobre a avaliación: 

- O/A estudante que non participe na avaliación continua nin na avaliación global, figurará nas actas como "non presentado".

- Recoméndase
ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do
Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
)

- As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda
oportunidade) son as especificadas no calendario oficial de exames aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da
facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000