Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Máster Universitario en Economía
 Materias
  Globalización económica e desenvolvemento social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Globalización económica e desenvolvemento social Código V03M177V01214
Titulación
Máster Universitario en Economía
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OP 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Castro Fernández, Ana Esther
Suris Regueiro, Juan Carlos
Correo-e esther@uvigo.es
jsuris@uvigo.es
Profesorado
Castro Fernández, Ana Esther
Suris Regueiro, Juan Carlos
Web
Descrición xeral Globalización económica e desenvolvemento social é unha materia optativa dentro da especialidade de Economía e Sociedade. Consta de 3 créditos ECTS, que se corresponden con 75 horas de traballo do alumnado, dos cales 15 horas son de actividades presenciais e as restantes 60 horas serán de actividades de traballo persoal.
Esta materia pretende ampliar os coñecementos dos estudantes relativos aos procesos de internalización das economías e os elementos relevantes para observar e diagnosticar a interdependencia existente entre os obxectivos económicos e sociais. Preténdese que o alumnado desenvolva destrezas para diferenciar os elementos relevantes nos procesos de globalización, identifique as súas consecuencias e valore as distintas opcións de política económica e social. Para iso, analizaranse casos concretos de estudo sobre os que o estudante deberá realizar avaliacións, diagnósticos e valoracións das distintas posibilidades de acción para afrontar os retos sociais desde unha perspectiva económica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000