Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Economía
 Materias
  Globalización económica e desenvolvemento social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral En cada unha das sesións o profesorado desenvolverá os contidos do Bloque teórico. O alumnado disporá previamente de materiais elaborados sobre os temas do programa. O profesorado exporá na aula unha síntese dos elementos máis sobranceiros, someténdoos a discusión co alumnado.
Prácticas con apoio das TIC Necesítase equipamento informático propio para desenvolver os contidos do Bloque práctico. Os exercicios prácticos consisten na utilización de bases de datos, selección de información estadística e indicadores, sistematización e organización da información e elaboración de informes.
Resolución de problemas En cada sesión práctica suscitaranse uns exercicios que o alumnado deberá completar co traballo personalizado de forma autónoma fóra da aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000