Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Economía
 Materias
  Prácticas externas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticum, Practicas externas e clínicas Cada curso académico ofertaranse prácticas nas entidades coas que se teña firmado un convenio de colaboración. A Comisión Académica será a encargada de nomear aos titores e de coordinar tanto a profesores como a alumnos no proceso de selección e na realización das prácticas externas. De acordo co establecido na normativa aplicable, ao longo do curso a Comisión Académica fará público as entidades e prazas dispoñibles así como os criterios de asignación. Cada estudante clasificará as entidades elixidas por orde de preferencia. Una vez asignadas as entidades nas que se van realizar as prácticas, comunicaráselle ao estudante e aos titores académico e profesional. Os estudantes acordarán coa empresa asignada a data de comezo e finalización. Na data de comezo, o estudante ten que presentarse na entidade, na que deberá dirixirse ao titor profesional para que poda indicarlle as actividades a desenvolver e levar a cabo un seguimento das mesmas. O estudante tamén deberá estar en contacto periódico co titor académico para informarlle das actividades que está desenvolvendo e das posibles incidencias que se podan presentar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000