Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  Sistemas Normalizados de Xestión: Calidade, Medioambiente, Seguridade e Saúde no Traballo
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes expostas nesta guía docente, coa excepción de que, en caso de non ser posible a docencia presencial, esta sería substituída por docencia a través do Campus Remoto e material complementario na plataforma de teledocencia.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha, salvo o indicado no punto anterior.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O mecanismo fundamental será o correo electrónico e a titorización a través do Campus Remoto (uso do despacho virtual), baixo concertación previa.
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Non se prevén modificacións.
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non é necesaria outra bibliografía adicional á xa contida nesta guía docente.
* Outras modificacións
Non son necesarias.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación desta materia baséase nun 70% na realización de traballos en grupo por parte dos alumnos e nun 30% na realización dun exame de preguntas obxectivas que se fará na última hora de clase da materia. No caso de que a docencia non se poida realizar presencialmente, farase un exame do mesmo tipo a través da plataforma de teledocencia. Os traballos realizaranse igualmente, dado que os alumnos poden traballar en grupo empregando ferramentas TIC para iso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000