Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  Fundamentos de Responsabilidade Social Empresarial Interna (Concepto + Elementos)
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase a asistencia e a partipación nas clases 10 A3
A4
B6
B7
D1
D4
Estudo de casos Estudo e resolución de varios casos de responsabilidade social interna. 90 A3
A4
B4
B6
B7
B10
B11
C10
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O MAiE segue un sistema
de avaliación continua. De xeito alternativo á avaliación continua, as persoas estudantes
poderán optar a ser avaliados con unha proba de avaliación final, que avaliará
tanto os coñecementos teóricos como prácticos impartidos na materia, que terá
lugar nas datas establecidas nas convocatorias oficiais e que supoñerá o
100% da cualificación.

As datas destas probas de
avaliación final poderanse consultar no Calendario Docente do MAiE (Dispoñible
en MooVi no Espazo Común e na web do MAiE: http://maiersc.webs.uvigo.es/).

Sistema de Avaliación Continua 

a. Sistema de avaliación: Realizaranse ó longo
do curso como mínimo 3 actividades avaliables de estudo de casos. Todas as
actividades vinculadas a esta metodoloxía terán a mesma ponderación e como
máximo suporán o 90% da nota final da materia. É obrigatoria a asistencia ás
sesións nas que este programada unha actividade deste tipo. As actividades
avaliables non realizadas ou non entregadas nas datas e sesións establecidas ó
efecto contarán como cero.

b. Terase en conta a asistencia e a
participación nas clases, que terá como máximo unha ponderación do 10%  sobre a nota final da materia.

c. O alumnado que sexa avaliado no réxime de
avaliación continua terá a posibilidade de superar a materia e de obter o 100%
da nota. Superarase a materia sempre e cando a suma ponderada dos resultados alcanzados
por a persoa estudante ó longo do período lectivo sexa maior ou igual a 5
puntos sobre 10.

d. Se a persoa estudante por causas
xustificadas (véxanse no regulamento do estudantado) non puidera realizar
algunha das actividades avaliables deberá poñerse en contacto co
profesorado responsable de dita actividade coa maior brevidade e de ser posible
con anterioridade á súa data de celebración, acreditando de forma documental a
causa xustificada e para establecer unha nova data. 

Observacións:

1. Calquera evidencia de traballos e probas plagiados ou copiados supoñerá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

2. No caso das actividades docentes que se leven a cabo por medios telemáticos véase https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000