Guia docente 2022_23
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  Marketing Responsable
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Debate a avaliación basearase na media da cualificación obtida polo grupo, baseada na valoración que realicen os seus compañeiros e a que realice o profesor despois do debate. Os integrantes do grupo recibirán a cualificación que obteña o membro do equipo que peor cualificación obtivese. 25 CB4
CG10
CG11
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 25 CB2
CG4
CG10
CG11
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia que o docente lle asignará. Será un traballo en grupo. Realizarase unha avaliación de cada un dos membros do grupo e posteriormente o grupo recibirá a nota que obteña o membro do grupo que obteña menor cualificación 50 CG11
CG12
CG13
CT1
CT4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O MAiE segue un sistema de avaliación continua. Para aqueles alumnos que que non alcancen o 50% da cualificación na avaliación continua, terán que acudir a segunda convocatoria. Nesta convocatoria poderase esixir un exame.

As datas
dos exames
poderanse consultar no Calendario Docente do MAiE (Dispoñible en
MooVi no
Espazo Común e na web do MAiE: http://maiersc.webs.uvigo.es/).

Observación: Calquera evidencia de traballos e probasplagiados ou copiados supoñerá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000