Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  RSC e Marketing
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral SESIÓN MAXISTRAL PARTICIPATIVA: Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo alumno. Requírese a participación activa do alumnado. Recoméndase ao estudante que traballe previamente o material entregado polo profesor e que se consulte a bibliografía recomendada para completar a información co fin de seguir as explicacións e participar activamente nas cuestións e preguntas suscitadas ao longo das sesións de aula.
Traballo tutelado TRABALLO TUTELADO. O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara proxectos, seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Actividade autónoma do alumnado que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Presentación PRESENTACION. Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dos resultados dun caso, traballo, ... de maneira individual ou en grupo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000