Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial pola Universidade de Minho (Portugal) e a Universidade de Vigo
 Materias
  Prácticas en Empresas e/ou Institucións
   Competencias de titulación
Código Descrición
CB1 Saber afondar na realidade social, económica, administrativa e cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
CB2 Saber elaborar e xestionar candidaturas a programas comunitarios
CB3 Saber analizar as características, os logros e os déficits da cooperación territorial promovida pola UE
CB4 Ser capaces de establecer estratexias acumulativas que permitan aproveitar os programas comunitarios como impulso para o desenvolvemento sostible do territorio, no marco dos respectivos Programas Operativos.
CB5 Ter capacidade para coñecer o sistema institucional da UE e os seus procesos políticos.
CB6 Ser capaces de analizar e interpretar as políticas comunitarias sectoriais.
CG1 Ter adquirido coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo
CG2 Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en entornos novos e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados
CG3 Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemnto de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolve a sua actividade
CG4 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo
CG5 Saber valorar a importancia de fomentar a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos.
CG6 Ter capacidade para traballar polos valores democráticos e polos valores da paz
CG7 Ser capaces de apostar pola cooperación e polo diálogo intercultural entre os pobos.
CG8 Saber valorar a importancia da solidariedade e da cohesión social e territorial como fonte de progreso e desenvolvemento.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal