Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial pola Universidade de Minho (Portugal) e a Universidade de Vigo
 Materias
  Bases das Políticas de Cohesión
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, eleción múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30
Estudo de casos/análise de situacións Proba na que se plantexa unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións da situación, etc. 30
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, amosar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de dados. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na segunda convocatoria, o
alumnado poderá entregar as prácticas e exercicios non entregados nos prazos
establecidos para a primeira convocatoria, revisar e corrixir os entregados en
prazo ou realizar exercicios e prácticas novas. Os exercicios aprobados e
superados na primerira convocatoria serán computados na segunda.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000