Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Integración Económica Rexional e Políticas Comunitarias pola Universidade Católica Portuguesa e a Universidade de Vigo
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 G.1.- Analizar, sintetizar e interrelacionar feitos e conceptos económicos, políticos, xurídicos e histórico-xeográficos desde unha perspectiva crítica.
  A2 G.2.- Establecer hipóteses a partir de datos dispoñibles e proceder á súa confirmación ou refutación mediante a aplicación dunha metodoloxía científica.
  A3 G.3.- Dominar a formulación de problemas de investigación teórica e aplicada.
  A4 G.4.- Coñecer e utilizar os recursos documentais máis recentes en relación coa temática do máster.
  A5 G.5.- Traballar interdisciplinarmente.
  A6 G. 6.- Saber xestionar a información recollida.
  A7 G.7.- Presentar por escrito os resultados do traballo de investigación con criterios de calidade científica.
  A8 G.8.- Aplicar a informática e outros medios audiovisuais ás actividades de aprendizaxe e avaliación do máster.
  A9 G.9.- Comprometerse a desenvolver e manter unha actitude ética tanto no traballo como nas relacións sociais.
  A10 G.10.- Mostrar sensibilidade ante a problemática ambiental.
  A11 G.11.- Compromiso coa igualdade entre homes e mulleres.
  A12 E.1.- Establecer relacións entre as características dos conceptos analizados e dos contextos e dinámicas sociais e políticas estudadas.
  A13 E.2.- Comprender a significación histórico-política do proceso de construción europea e entender os seus mecanismos de actuación institucional.
  A14 E.3.- Entender a importancia do mercado interior como instrumento de integración económica a través do coñecemento das súas liberdades e normas de funcionamento, con especial referencia ás políticas comunitarias de competencia.
  A15 E.4.- Apreciar a relevancia da moeda única como elemento de identidade europea e coñecer a política monetaria comunitaria, así como os mecanismos comunitarios de coordinación das políticas económicas no interior dos estados membros e da propia eurozona.
  A16 E.5.- Coñecer os obxectivos, principios e instrumentos das políticas comunitarias de primeira xeración, con especial atención á política agraria común.
  A17 E.6.- Coñecer os obxectivos, principios e instrumentos das políticas comunitarias de segunda xeración, con especial atención ás de I+D e á ambiental.
  A18 E.7.- Analizar e comprender os principios filosóficos que conforman as principais teorías de integración económica rexional.
  A19 E.8.- Comprender a significación histórico-política dos procesos de integración económica rexional que se desenvolveron en Latinoamérica.
  A20 E.9.- Entender a influencia do proceso de globalización na integración rexional, así como o papel dos estados-nación.
  A21 E.10.- Habilidade na aplicación de criterios e no coñecemento e utilización de técnicas e de instrumentos para a análise, valoración e xestión de políticas comunitarias.
  A22 E.11.- Capacidade para a aplicación de metodoloxías de análise comparada dos procesos de integración económica rexional segundo obxectivos de adaptación ás realidades de cada territorio.
  A23 E.12.- Capacidade para elaborar estratexias de desenvolvemento endóxeno a partir do coñecemento das políticas comunitarias.
  A24 E.13.- Capacidade para a difusión e divulgación do coñecemento científico e creación de mensaxes con fins de sensibilización social e política sobre os principios de subsidariedade e partenariado.
  A25 E.14.- Habilidade instrumental no manexo da lingua inglesa en relación coas competencias do máster.
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000