Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Traballo de Fin de Grao-Dereito
   Contidos
Tema Subtema
Tema variable A proposta temática acordarase coa persoa titora, sempre dentro dos contidos propios dos estudos do Grao en Dereito e deberá aprobarse pola Comisión Permanente.
Traballo académico orixinal e inédito en galego ou en castelán sobre temática xurídica. Pode ser, por exemplo, un traballo de investigación, unha proposta e unha solución dun caso práctico, un comentario xurisprudencial etc.
Uso excepcional de linguas estranxeiras
Traballo realizado de modo persoal, autónomo e individual, con orientación teórica e/ou práctica Seguiranse as orientacións dun titor académico. Excepcionalmente, con autorización da Comisión Permanente, dous alumnos poderán compartir titor e traballo, pero cada un deles deberá presentar e defender o traballo separadamente. En todo caso, a avaliación será individual, en aplicación á parte correspondente a cada estudante.
Normas de elaboración Extensión máxima.
Estrutura: portada, resumo, palabras crave, introdución, desenvolvemento, conclusións e bibliografía.
Citas. Modelo de referencias bibliográficas: Pautas comúns de investigación das ciencias xurídicas.
Plantilla TFG
Protocolo de avaliación O TFG estará orientado a mostrar a capacidade de integración dos diversos contidos formativos recibidos e a adquisición das competencias requiridas
En particular, avaliarase:
1. Comportamento ético correcto
2. Tema, formulación metodolóxica e estrutura
3. Contido, desenvolvemento e conclusións
4. Expresión escrita e manexo de fontes
5. Defensa pública
6. Uso de linguas estranxeiras e traballo en equipo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000