Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Para poder optar á avaliación continua será necesario entregar varios casos resoltos. No caso de optar pola avaliación non continua, tamén se realizará un exame de carácter práctico. En ambos os dous casos esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media co resto de items 20
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse varias probas para avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia durante o curso, probas que se referirán tanto aos coñecementos adquiridos a través da bibliografía de referencia, coma ao desarrolllo e contido das clases. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media co resto de items 60
Proxecto Será necesario entregar un traballo ou proxecto realizado en grupo para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media co resto de items 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

Avaliación continua: Neste caso, o/a alumno/a realizará varios exames parciais liberatorios teóricos. Para superalo requírese unha puntuación mínima de 5 (sobre 10) e o peso destes exames na nota final será un 60% (ningún deles, individualmente considerado, terá un peso que supere o 40% da nota final).

O outro 40% da nota corresponderá á parte práctica, repartíndose a partes iguais entre a entrega de casos (20%) e a realización dun proxecto (20%). Para poder presentarse a estas dúas probas é necesario asistir ao 80% dos seminarios e para superalas é necesario acadar unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada unha delas.

Nos casos en que o/a alumno/a decidiu ir por avaliación continua e non superou a materia, pode presentarse aos exames oficiais para recuperar a(s) parte(s) que suspendera. Neste senso, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que tivera superada, e so se presentará no examen do primeiro período coa parte que ten suspensa. Igualmente, manteranse as partes aprobadas para o examen do segundo período. 

Para sucesivas convocatorias de cursos académicos posteriores non se gardarán as partes aprobadas. 

Avaliación global: En todo caso, nas convocatorias oficiais, haberá un exame teórico da materia que ponderará un 60% da nota. Neste caso, tamén será necesario entregar ese mesmo día ou con anterioridae un proxecto realizado de xeito individual que ponderará un 20%. O 20% restante corresponderá coa realización dun exame de carácter práctico e a entrega dos casos prácticos realizados polo alumnos de avaliación continua. É preciso obter una puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) en cada parte para poder facer a media. 

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa  

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Na convocatoria extraordinaria de Fin de carrera haberá un exame final que suporá o 100% da calificación. 

As diferencias no método de avaliación que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe propostos e competencias á diferente organización de clases docentes empregadas por ambos os dous centros. En todo caso, as ponderacións exactas de cada proba daranse a coñecer ao principio de curso na plataforma de teledocencia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000