Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Interpretar as principais teorías do comercio internacional, dende os paradigmas clásicos ata os enfoques que tratan de explicar os fluxos do comercio internacional a partir das actividades que realizan as empresas
Identificar algunha das estructuras organizativas máis frecuentes no terreno dos negocios internacionais
Avaliar as distintas alternativas de entrada nos mercados exteriores: exportacións, acordos de cooperación e inversión directa
Sintetizar as peculiaridades específicas a ter en conta na dirección estratéxica dunha empresa multinacional
Demostrar o manexo dos conceptos teóricos adecuados para resolver e interpretar determinados problemas relacionados coa dirección de empresas internacionalizadas
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000