Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos A entrega das propostas de solución dos estudos de caso (prácticas) feitas en grupo avaliarase conxuntamente coas probas tipo tests: será necesario ter entregado alomenos 6 casos para ter puntuación nas probas test. 0 A2
Resolución de problemas de forma autónoma En AC avaliarase e puntuarase a resolución dos test propostos despois de cada tema.
En AC este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos (30%).
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo ao que pertence cada estudante teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso.
30 A2
Exame de preguntas de desenvolvemento En AC ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o alumnado deberá resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos (40%) e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos (30%).
70 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta asignatura realizarase unha avaliación continua (AC) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación preferente.
Para superala asignatura por AC deben cumplirse dúas condicións:

1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (proba IRPF, proba IS, tests).

2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas IRPF e IS, tests). 

A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o estudante deixa de ser avaliado en AC.
Tamén  se sairá da AC se non se acada alomenos un 25% da nota máxima en cada un dos tres itéms avaliables (proba IRPF, proba IS, tests).
A nota final por AC será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento.

Aqueles estudantes que se queden fora da AC terán a opción de
presentarse á proba de Avaliacion Global (AG) na convocatoria oficial. Esta proba de AG consistirá na realización de dous estudos de caso completos, un de IRPF e outro de IS. A proba AG suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos en Avaliación Continua.

En caso de non presentarse pero ter feito traballo de AC a nota final será a obtida en AC.

O alumnado que se presente a convocatoria extraordinaria ou a convocatoria de fin de carreira realizará una proba de Avaliación Global con dous estudos de caso (IRPF e IS). Esta proba valerá o 100% da cualificación.

As datas dos exames finais poderán ser consultadas en www.fccee.uvigo.es














Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000