Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos A entrega das propostas de solución dos estudos de caso (prácticas) feitas en grupo avaliarase conxuntamente coas probas tipo tests: será necesario ter entregado alomenos 6 casos para ter puntuación nas probas test. 0 A2
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaráse e puntuaráse a resolución dos test propostos despois de cada tema.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos.
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo ó que pertence cada alumno teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso.
30 A2
Exame de preguntas de desenvolvemento Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o alumno deberá
resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos.
70 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta asignatura realizarase unha avaliación continua do traballo realizado polo estudante.

Para supera-la asignatura por avaliación contínua deben cumplirse duas condicións :

 1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (test, proba IRPF, proba IS).

 2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas test e probas IRPF e IS). 

A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o alumno ou alumna deixa de ser avaliado en avaliación continua.                                                                                                                                                                Tamén sairá da avaliación continua se non acada alomenos un 25% da nota en cada unha das tres probas realizadas (test, proba IRPF, proba IS).
A nota final por avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento.
Aqueles estudantes que non teñan superado a materia por avaliación continua terán a opción de presentarse a un examen
final. Este examen valerá o 100% da nota, e a calificación obtida sustituirá á obtida en avaliación continua.  En caso de non
presentarse, a nota será a obtida en avaliación continua.

Os estudantes que se presenten a convocatoria fin de carreira realizarán un examen con dous estudos de caso (IRPF e IS). Este examen valerá o 100% da nota.

A data dos exames pode consultarse en http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000