Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Investigación comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas En todas as prácticas (oito) realizaranse probas que poderán consistir na entrega de exercicios e/ou na realización dun cuestionario. O 50 % da cualificación repartirase entre as oito probas. 50
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a realización dos cuestionarios propostos en Moovi ao finalizar cada tema así como calquera outra actividade relacionada cos contidos explicados na lección maxistral. 10
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que inclúe preguntas abertas e breves sobre os contidos da materia. Esta proba realizarase na data oficial do exame. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

Avaliación continua: Para aprobar  polo sistema de AC, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria, será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo imprescindible obter como mínimo un 1,6 (sobre 4) no exame. 

Avaliación global: O alumnado poderá optar por unha proba de AG, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria, que supoñerá o 100% da cualificación. Esta proba dividirase en dous partes: unha de contidos teóricos (5 puntos) e outra de contidos prácticos (5 puntos). Para aprobar será necesaro obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo imprescindible obtener como mínimo un dous na parte teórica. 

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados.

Na convocatoria de fin de carreira a proba de avaliación global supoñerá o 100% da cualificación.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000