Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Decisións de financiamento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Resolución dunha ou varias probas, ao longo do cuadrimestre, sobre as prácticas realizadas. 35
Exame de preguntas de desenvolvemento Resolución dunha proba escrita presencial, sobre a parte teórica e práctica da materia, o mesmo día que o exame final. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Sistema de avaliación continua: Realizásense ao longo do curso 3 probas, cunha ponderación do 35%, 25% e 40% respectivamente. A última destas probas terá lugar o mesmo día que o exame final.  Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudiantado poderá optar a ser avaliado con exame final, que suporá o 100% dá cualificación. Igualmente poderase optar a ser avaliado con exame que suporá o 100% dá cualificación na segunda convocatoria.

A avaliación da convocatoria fin de carreira, consistirá na resolución dunha proba escrita presencial, sobre a parte teórica e practica da materia. Na convocatoria de Fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

As diferenzas entre sistemas de avaliación entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración de Empresas na Universidade de Vigo xustifícase pola necesaria  adaptación ou na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente en canto a tipo de grupos e número medio de alumnos por grupo.

As datas dos exames da materia poderán ser consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000