Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que a/ alumna/o terá que demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia). Para as/os alumnas/os que se sometan ao sistema de avaliación continua, esta proba representará o 70% da súa nota. Para as/os alumnas/os que NON se sometan a avaliación continua, a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito. 70
Exame de preguntas obxectivas Nas clases realizaranse probas de resposta curta exclusivamente ás/ós alumnas/os que se sometan ao sistema de avaliación continua. A nota media dos distintos exames de preguntas obxectivas constituirá o 20% da nota final de ditas/os alumnas/os. 20
Observación sistemática O profesorado, a través de diferentes actividades que propoña ao alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc.), valorará a participación activa e a calidade das intervencións deste tanto nas clases maxistrais como, sobre todo, nos seminarios. A participación activa e de calidade do alumnado sometido a avaliación continua suporá o 10% da súa nota final. Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, ao comezo do cuadrimestre académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE EXAME:


1.- Ao comezo do cuadrimestre, a/o alumna/o deberá manifestar a súa intención de acollerse ao sistema de evaluación continua. A tal fin, os profesores da materia lle proporcionarán un documento que a/o alumna/o deberá cubrir e asinar nun determinado prazo. Este documento será vinculante, de modo que as/os alumnas/os que o asinen NON poderán, con posterioridade e durante ese curso académico, cambiar de sistema de evaluación.

2.- A/o alumna/o que se acolla ao sistema de evaluación continua, subscribindo o documento sinalado no punto anterior, será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (70%), probas de resposta curta (20%) e participación activa e de calidade (10%). Na proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% da calificación e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, a/o alumna/o deberá acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de evaluación continua. De non acadar esa nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a correspondente á da evaluación continua obtida ao longo do curso -probas de resposta curta (20%) e participación activa e de calidade (10%)-. A mencionada proba final terá lugar na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2019-2020.

3.- As/os alumnas/os que NON se sometan a evaluación continua realizarán unha única proba final na que se evaluarán todas as competencias da materia e que constará de dúas partes: un exame teórico e oral, que suporá o 70% da súa calificación final; e un exame práctico e escrito (que será diferente ao que realice o alumnado sometido a evaluación continua), o cal suporá o 30% da súa nota final. A citada proba final terá lugar na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2019-2020.



SEGUNDA OPORTUNIDADE DE EXAME:

1.- No exame de xuño/xullo sólo se realizará unha proba final, que constará de dúas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia). A citada proba final terá lugar na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2019-2020.

2.- As/os alumnas/os que se someteron ao sistema de evaluación continua conservarán a nota que obtiveron no curso e que representará o 30% da súa calificación total (20% de probas de resposta curta e 10% de participación activa e de calidade). O 70% da nota restante provirá da mencionada proba final. Na devandita proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% da nota e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, a/o alumna/o deberá acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 nesa proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de evaluación continua. De non acadar dita nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a correspondente á da evaluación continua obtida ao longo do curso. Para as/os alumnas/os que se someteron ao sistema de evaluación continua e que non superen a proba final, nin na primeira nin na segunda oportunidade de exame, a nota obtida a través do devandito sistema se lles poderá conservar no curso académico seguinte.

3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan a evaluación continua a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito. En ambas probas evaluaránse todas as competencias da materia. A proba práctica escrita será diferente á que realice o alumnado sometido a evaluación continua.




CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

O exame da convocatoria de Fin de Carreira será unha proba escrita con dúas partes, teórica e práctica, cuxa cualificación conformará o 100% da nota final e avaliará todas as competencias da materia. Dita nota estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico. No exame de Fin de Carreira non se terá en conta a nota de evaluación continua que o alumnado, no seu caso, obtivese no curso académico anterior. O exame de Fin de Carreira terá lugar na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2019-2020.



ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE SOLICITEN SER EXAMINADOS POR TRIBUNAL (SÓ PARA ALUMNADO QUE SE ATOPE EN 4ª MATRÍCULA E SEGUINTES): O exame constará de dúas partes (práctica e teórica) e será exclusivamente escrito.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000