Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil III. Familia e sucesións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba que consistirá en a formulación de dúas test a o longo de o cuatrimestre achega de os casos prácticos estudados en o aula. Cada test de 10 preguntas de resposta única será valorado con unha puntuación de máxima de 1 punto. 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Suscitaranse dez preguntas de resposta curta ou media en as que se evaluarán os coñecementos adquiridos en as sesións magistrales 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Como regra xeral, enténdese que os alumnos optan polo sistema de avaliación continua. Respecto da nota da proba teórica de contidos é imprescindible que o alumno obteña un mínimo de 3 sobre 10 en cada unha das preguntas das partes do programa: dereito de familia e dereito de sucesións, e que a nota total da proba de contidos, que será a suma das notas de ambas partes, sexa como mínimo un 4 sobre 10 para poder compensar coa nota das prácticas que, necesariamente, debe ser como mínimo un 3 sobre 10. para poder usar este sistema o alumnado deberá acudir, polo menos, a un 80% das prácticas sen que poidan recuperarse as ausencias.
O alumno que non se acolla ao sistema de avaliación continua por deixala ou non poder asistir, poderá facer unha proba final na que se formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas incrementadas en dez máis respecto daqueles que optasen pola avaliación continua e, ademais, un test sobre casos prácticos de 30 preguntas, cos mesmos porcentaxes xa indicadas para os que optan polo sistema de avaliación continua. Deberá obter, para compensar unha parte con outra, deberá obter polo menos un 3 sobre 10, no caso práctico e un 4 sobre 10 na proba de contidos. Desta forma, poderá obter o 100% da cualificación.
No mesmo curso gardaranse as notas de avaliación continua dunha convocatoria para outra.
Convocatoria Fin de Carreira:poderá facer unha proba final na que se formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas incrementadas en dez máis respecto daqueles que optasen pola avaliación continua e, ademais, un test sobre casos prácticos de 30 preguntas, cos mesmos porcentaxes xa indicadas para os que optan polo sistema de avaliación continua. Deberá obter, para compensar unha parte con outra, deberá obter polo menos un 3 sobre 10, no caso práctico e un 4 sobre 10 na proba de contidos. Desta forma, poderá obter o 100% da cualificación.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de evaluaión aprobado pola Xunta de Facultade para o curso .

A bibliografía indicada ten un carácter meramente complementario das explicacións en clase.

Na Simultaneidad Grado Dereito Ade, o programa é o mesmo sendo os docentes o profesorado da lista de agarda.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000