Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección comercial II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentacións e exposicións por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódense levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
As exposicións ou presentacións terán lugar nas datas e sesións establecidas.
Proba non recuperable.
15
Resolución de problemas Avalíase a adecuada capacidade do alumnado de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos, o desempeño dentro dun equipo de traballo, o traballo autónomo e a comunicación oral e escrita, entre outros.
Só poderanse entregar actividades nas datas e sesións establecidas.
Proba non recuperable
10
Aprendizaxe baseado en proxectos Avalíase a capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos nas sesións teórico-practicas a un proxecto global (real ou ficticio), así como ó traballo en equipo, a presentación e o contido. 15
Exame de preguntas obxectivas Proba/s para a avaliación de competencias adquiridas tanto na parte teórica como práctica da materia.
Poderá incluír preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, etc.), así como preguntas curtas, numéricas ou de ensaio. Os alumnos seleccionan unha/ s resposta/ s entre un número limitado de posibilidades e/ou responderán a cuestións, ensaios ou exercicios que se lle expoñan. As respostas erróneas penalizan.
Poderase solicitar ao alumnado incluír un PDF como proba do exercicio/ s ou tarefa realizada.
Poderanse facer probas parciais ao longo do semestre.
Formará parte do contido da materia, e por tanto, estará suxeito a avaliación, ademais do contido teórico do manual e os exercicios, toda lectura, actividade, caso, material audiovisual, páxina web, traballo ou comentario indicado ou realizado polos profesores na aula, tanto en horas de teoría como de práctica.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia requírese satisfacer dúas condicións: (1) obter unha puntuación mínima de 5 puntos no conxunto das probas a avaliar e (2) obter como mínimo 4 puntos no exame final (puntuado sobre 10), para sumar o resto das probas avaliables. 

A puntuación obtida pola participación así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo profesor (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias u otros), mantense nas convocatorias de xuño e xullo do curso académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. 

O alumno/a que non siga a avaliación continua deberá indicalo ANTES da realización da segunda sesión de prácticas e serán examinados mediante unha proba escrita (ou alternativamente, oral se fose preciso) valorada sobre 10 puntos, que non ten por que coincidir coa proba daqueles alumnos que sigan a avaliación continua. En devandita proba avalíase tanto os contidos teóricos como prácticos da materia así comoa súa capacidade crítica. 

Na convocatoria fin de carreira o exame suporá o 100% da nota. 

As datas de exames deberán ser consultadas na Páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/es/ 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000